O obxectivo deste programa é fomentar e facilitar o diálogo entre o público e a arte contemporánea co ioga como ferramenta para a mediación.
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
cgac.educacion@xunta.gal
cgac.pedagogia@xunta.gal
O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19.
MODALIDADE PRESENCIAL: sábados de 10:00 a 14:15 h e de 16:00 a 19:30h
Este curso achegaranos de forma práctica ás ferramentas que nos permiten planificar e deseñar unha mensaxe, compoñela e darlle forma, expresar unha idea e comunicarnos coa contorna de forma visual.
Propoñemos un novo percorrido arquitectónico que anime a todos os públicos a percorrer a cidade e gozar da súa arquitectura para descubrir aqueles espazos urbanos que experimentaron transformacións nas últimas décadas.
O obxectivo deste actividade é achegar á arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
O obxectivo desta actividade é achegar a arte contemporánea aos centros educativos e estimular o interese das novas xeracións pola creación artística do seu tempo.
Durante as sesións, tanto presenciais coma en liña, achegarémonos á arte contemporánea cunha presentación de imaxes dos diferentes espazos, montaxes e exposicións históricas do CGAC. Exemplificaremos a través dos múltiples soportes, miradas e discursos das obras da Colección CGAC os diversos xeitos de facer da arte actual.
O obxectivo desta actividade é estimular o interese dos máis pequenos pola creación artística contemporánea e que aprendan experimentando coa arte. Nestas sesións didácticas presenciais realizaremos unha presentación con imaxes de diferentes tipoloxías de museos contemporáneos.
Este curso propón unha deriva pola historia da fotografía desde o primeiro desexo de crear unha imaxe pola acción da luz ata o xurdimento das vangardas nos primeiros anos do século XX.
Os mércores á tarde contaremos con esta nova actividade dirixida ao público infantil. O seu obxectivo é estimular o interese das persoas máis novas na creación artística contemporánea e incentivar a aprendizaxe a través da experimentación coa arte.
Paxinación
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- Seguinte › Páxina Seguinte
- Último » Last page