Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
WOS INC 2015

11-13 setembro 2015

WOS INC 2015

WOSINC é un encontro de carácter anual que defende unha visión ampla da cultura alternativa e de vangarda. Coa música como motor principal pero cunha clara vocación multidisciplinar, promove, a partir dun contexto íntimo, a procura e difusión de novas propostas culturais.

Música, artes visuais, cinema, artes escénicas, coloquios, conferencias e gastronomía danse cita do 11 ao 13 de setembro en dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.

WOSINC é unha iniciativa da produtora compostelá Work on Sunday, en colaboración con diferentes axentes culturais galegos. Conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a Fundación Eugenio Granell, a Universidade de Santiago de Compostela, o Mercado de Abastos, a Fundación SGAE, Salón Teatro e NUMAX.

Máis info en WOSINC.


COLOQUIOS NO CGAC

Venres, 11 de setembro

13 h Como aplicar os datos aos teus eventos [acceso libre e gratuíto]
Todo o mundo fala de datos a día de hoxe, pero que datos che interesan e como poden axudarche a difundir eventos? Esta introdución ao mundo dos datos permite obter información relevante sobre a audiencia e os seus hábitos. Nos negocios de nova xeración, a intuición xa non abonda, e o big data proporciona impulso para dar ese paso adiante. Raúl Ruiz, experto en analítica web de Ticketscript, é o relator elixido para levar a cabo esta charla.


16 h A necesidade do colectivo [con entrada]
“Necesitamos poetas e pintores”, cantaban os históricos The Ex no seu “Listen to the Painters” (do disco Turn, Touch&Go Records, 2004). Conducidos polo xornalista e xestor cultural David Bizarro, os músicos Francisco Contreras (Niño de Elche) e Xavier Castroviejo, a actriz Sonia Barba e o documentalista Carlos Lapeña participarán nunha mesa redonda auspiciada polo xornalista, crítico e músico Luis Boullosa. Nela, os relatores debaterán sobre a a incidencia da sociopolítica na inspiración e no proceso creativo que se produce arredor da música e da arte.



Sábado, 12 de setembro

13 h Por amor á arte. Da paixón á profesión [acceso libre e gratuíto]
Catro promotoras independentes debaten e analizan as diferentes visións e escenas coas que traballan, así como as claves que levan a converter unha aposta persoal nun proxecto colectivo e unha paixón nunha iniciativa profesional. O xornalista Fernando Rego conduce unha mesa na que participan Edu García (Giradiscos), Joaquim Durães (Lovers & Lollypops), Julio Gómez (Sinsalaudio) e Pablo Fernández (Discos Humeantes).

16 h Estou a falarche a ti  [con entrada]
Estou a falarche a ti é un diálogo aberto sobre as posibilidades dunha nova linguaxe feminina a través da ilustración, a fotografía, a literatura, o humor e o DIY. Catro creadoras e activistas —Anastasia Bengoechea (Monstruo Espagueti), Nieves Limón (Género y Figura), Alexandra Lores (Fanzine CONA) e Judith Cerqueiro (Adataberna)— participarán xunto á xornalista Lara Tigre nun debate sobre as novas vías de expresión a través da arte, as redes sociais e a autoxestión.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal