Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
MÚSICA Y ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 II

22 setembro - 15 decembro 2015

MÚSICA Y ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2015 II

No mes de setembro comeza a segunda parte da edición de 2015 do ciclo Música e arte: correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo cuxo obxectivo é dar a coñecer as últimas tendencias musicais e escénicas e os compositores máis relevantes do novo panorama musical. Con este fin, Vertixe Sonora encárgalle á actual xeración de compositores obras especificamente creadas a partir das exposicións do CGAC.

Neste cuadrimestre o ciclo contará con nove estreas absolutas organizadas en dous concertos. Catro delas, as dos compositores Desmond Clarke (Reino Unido, 1989), Malte Giesen (Alemaña, 1988), Nicolas Tzortzis (Grecia, 1978) e Xoán Xil (España, 1972), atenden á mostra Reflexións, que se exhibe no CGAC ata o 11 de outubro: “a reflexión entendida como un acto de meditación ou como un efecto óptico que en ocasións cambia a realidade”.

Como constelacións sonoras, cinco novas obras dos compositores Ralph Bernarby (Alemaña, 1988), Ezequiel Menalled (Arxentina, 1980), Camilo A. Méndez (Colombia, 1982), Daniel Moreira (Brasil, 1984) e Edgar Barroso (México, 1977) danlle corpo á retrospectiva Constelacións do intanxible do fotógrafo guatemalteco Luis González Palma, que terá lugar no CGAC do 13 de novembro de 2015 ao 13 de marzo de 2016 internándose deste xeito “nun universo misterioso e complexo no que a mirada como enigma irresoluble constitúe unha fonte inesgotable de investigación”.


PROGRAMA

CONCERTOS E VIDEOS


22 de setembro
20:30 h Reflexións
Xoán Xil Hexagram*(2015)
frauta, saxofón, violín e electrónica
Malte Giesen Easely Listening Studies* (2015)
frauta, saxofón, violín, arpa, piano, percusión e electrónica
Desmond Clarke Figures in Folded Rooms* (2015)
saxofón, violín, arpa, piano, percusión e electrónica
Nicolas Tzortzis Sobre o amor perdido do laúde* (2015)
frauta, saxofón, violín, arpa, piano e percusión

15 de decembro
20:30 h Constelacións
Daniel Moreira Countdowns** (2015)
saxofón, trompeta, acordeón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión
Ezequiel Menalled Contigüidades** (2015)
saxofón, trompeta, acordeón, violonchelo, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión
Ralph Bernardy Juurtua** (2015)
trompeta, contrabaixo, piano e percusión
Camilo A. Méndez Collide, Splinter, Splatter** (2015)
saxofón, trompeta, acordeón, violonchelo, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión
Edgar Barroso Metzli (2015)
saxofón, acordeón, violonchelo, contrabaixo, piano e percusión

Programa de man

*Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora
**Estrea absoluta. Nova versión.


ACTIVIDADES PARALELAS
19 de setembro 18-20 h: Ensaios abertos cos compositores
13 de decembro 16-19 h: Ensaios abertos cos compositores
15 de decembro 19:30 h: CauSaL'15, conversa cos compositores

A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta ate completar as localidades.

Vertixe Sonora Ensemble
Alessandra Rombolà frauta / Pablo Coello saxofón / Sergio Pacheco trompeta / Vadzim Yukhnevich acordeón / Mario Peris violín / Thomas Piel violonchelo / Carlos Méndez contrabaixo / Angélica Vázquez arpa / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Xoán Xil electrónica e difusión de son // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal