Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLERES DE NADAL 2015

22-30 decembro 2015

TALLERES DE NADAL 2015

Para este Nadal o CGAC programou dous obradoiros dirixidos a nenos e nenas entre os 4 e os 9 anos. As actividades xirarán arredor da pintura, a escritura, as viaxes emocionais, a poesía, a natureza, os camiños, as pegadas e outras ideas que se desprenden da exposición Interaccións, do artista Javier Vallhonrat, que poderá visitarse no CGAC até o 27 de marzo de 2016.
Estes talleres ofrécenlles aos pequenos a oportunidade de explorar a arte contemporánea acompañados de artistas e doutros profesionais da cultura nun contorno que favorece a experimentación coas linguaxes, os soportes, as técnicas, os conceptos e os discursos propios da arte máis actual.


Cambio de planos!
22-23 de decembro de 2015
Dirixido por María Meijide
Idade: 7-9 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 20
A partir da exposición de Javier Vallhonrat, Interaccións, a artista María Meijide propón realizar un mapa persoal baseado nos cadernos de viaxe. Tras un paseo polo museo cargados de pinturas e cadernos, os nenos e nenas tratarán de levar a cabo unha cartografía íntima do percorrido. Tamén Vallhonrat amosa, no seu último traballo, itinerarios interiores a través de paisaxes exteriores. O noso será un mapa emocional que atenda ao que os espazos visitados e as obras expostas lle evocan a cada un dos participantes. Un itinerario plástico con apuntes de debuxo, cor e colaxe que se converterá nunha interpretación persoal do espazo en forma de mapa.

PRAZAS ESGOTADAS



Onde está o inverno?

29-30 de decembro de 2015
Dirixido por Clara Rodríguez Márquez
Idade: 4-6 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 15
A educadora Clara Rodríguez Márquez impartirá un taller onde os participantes poderán experimentar coas palabras e a natureza. Partindo da obra de Javier Vallhonrat e da contorna do CGAC, observaremos as transformacións e os fenómenos naturais máis próximos a nós. Procuraremos cos cinco sentidos as pegadas que o inverno deixa a cada paso que damos e, unha vez atopado o instante, expresarémolo coa arte de nomear a natureza: a poesía (poesía visual e haikus). Agardámosvos para contemplar, crear poemas, inventar palabras, rimar e ilustrar. 

PRAZAS ESGOTADAS



INSCRICIÓN: A inscrición nos talleres é gratuíta.
As solicitudes deberán enviarse a través do correo electrónico a cgac.pedagogia@xunta.es ou cgac.educacion@xunta.es.
As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos nenos e/ou nenas participantes,
número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan participar. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude.

COORDINACIÓN: Gema Baños e Virginia Villar.

Os asistentes deberán traer roupa de abrigo e de choiva ou paraugas para saír ao exterior.


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal