Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
EL DOCUMENTAL DEL MES 2016

xaneiro - abril 2016

EL DOCUMENTAL DEL MES 2016

El Documental del Mes é unha iniciativa da produtora Parallel 40, nacida no ano 2004 no marco do proxecto europeo CinemaNet Europe. Ten como obxectivo achegar o xénero documental ao maior número de espectadores posible e incrementar a presenza do documental europeo nas pantallas cinematográficas. Inclúe a estrea dun filme documental de calidade, de temática e procedencia diversa en 45 cidades españolas e, desde 2009, tamén de Chile e Arxentina.


HORARIO: 20.30 h.
LUGAR: Auditorio
Entrada libre até completar a capacidade da sala


26 abril
Joana Biarnés, una entre todos
(2015)


Dirección e guión: Òscar Moreno e Jordi Rovira; Produción: Òscar Moreno e Xavier Baig; Director de fotografía: Xavier Baig; Montaxe: Xavier Baig; Deseño de son: REC produccions e Xavier Baig; Produción executiva: Òscar Moreno, Jordi Ambròs e Andrés Luque.

España. 72 min.
V.O. en catalán e castelán, con subtítulos en castelán.


A historia: Coouse na suite dos Beatles, enganou a Roman Polanksi, foi fotógrafa de Raphael, escolleu o vestido de Massiel para Eurovisión, Clint Eastwood bicou os seus beizos. Foi amiga de Xavier Cugat, Joan Manuel Serrat, a Duquesa de Alba, Fernando Rey, o Cordobés, Lola Flores, Salvador Dalí... Esta é a descoñecida vida e obra de Joana Biarnés, a primeira fotoperiodista española, recuperada grazas ao descubrimento xa no século XXI das impresionantes imaxes coas que a daquela nova fotógrafa inmortalizó as terribles inundacións do Vallès en 1962. Unha pioneira que venceu os prexuízos dunha época, triunfouna profesión, coñeceu e inmortalizou a grandes personaxes dahistoria e, cando se puido converter en lenda, desapareceu.


Os directores: Òscar Moreno é produtor executivo, guionista e director. Colaborou como guionista nos documentais Cop al Banc Central, Generació D, elBulli, l’últim vals e L’equip ideal, emitidos no programa Sense Ficció en TV3. Tamén formou parte do equipo de guión e realización de documentais e programas emitidos por Antena 3 e La 2 de TVE. Jordi Rovira é licenciado en Ciencias da Información e en Ciencias Políticas pola Universidade Autónoma de Barcelona. Xornalista freelance desde 1998. Realizou reportaxes de carácter social nunha trintena de países como Kósovo, Iraq, Serra Leona ou Irlanda do Norte. O xornal La Vanguardia publicou a gran maioría das súasreportaxes. Desde 2005 combina este traballo coa dirección de Capçalera, revista do Colexio de Xornalistas.

Ficha



29 marzo
Virán tempos mellores
(2014)

Directora: Phie Ambo, Produción executiva: Eva Mulvad, Pernille Rose Grønkjær, Mikala Krogh, Sigrid Dyekjær; Fotografía: Phie Ambo, Maggie Olkuska; Montaxe: Theis Schmidt; Son: Rasmus Winther; Música: Jóhann Jóhannsson; Produción: Danish Documentary Production.

Dinamarca. 95 min.
Versión orixinal en danés con subtítulos en castelán.

A historia: Niels Stockholm é un granxeiro de 79 anos que se dedica á agricultura biodinámica. Traballa a terra coa súa muller Rita ao norte de Copenhagen. A súa filosofía vital baséase na idea de que o home e a terra están conectados co universo e, por isto, cultiva os seus alimentos en estrita sincronía co calendario lunar para conseguir a máxima harmonía co cosmos. Os alimentos da súa granxa, frescos e de excepcional calidade, pódense consumir nos mellores restaurantes do mundo, entre eles o prestixioso restaurante NOMA, na capital danesa. No entanto, Niels debe enfrontarse a múltiples problemas que perturban o seu día a día. A súa granxa ten que adaptarse ás normativas e regulamentacións dunhas autoridades que son indiferentes aos seus principios biodinámicos. Pero a súa maior preocupación é sentir que a súa vida se achega ao final e non ten ningún sucesor que poida seguir co seu soño.

A directora: Phie Ambo graduouse como cineasta documental na National Film School of Denmark en 2003. As súas películas percorreron decenas de festivais. En 2001 gañou o prestixioso premio Joris Ivens no IDFA con Family (2001). É cofundadora da produtora Danish Documentary Production. Actualmente está a traballar na película Ripples on the Shore, que pecha a triloxía sobre a ciencia e a existencia humana que empezou con Mechanical Love (2007) e Free the Mind (2012).

Ficha



23 febreiro
Cómo cambiar o mundo
(2014)

Dirección e Guión: Jerry Rothwell; Edición: James Scott; Director de fotografía: Benjamin Lichty; Documentación: Elizabeth Klinck e Lloyd Davies e Produción: Met Filme, Daniel Film e Insight Productions.

Reino Unido, Canadá. 112 min.
Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.


A historia: En 1971 un pequeno grupo de activistas canadenses iniciou a súa primeira misión a bordo dun vello barco de pesca: deter os ensaios da bomba atómica de Nixon en Alaska. Así naceu o movemento ambiental a partir do que se creou a organización global que hoxe coñecemos como Greenpeace.Pode un puñado de amigos xornalistas e científicos hippies,armados unicamente con cámaras, cambiar o mundo? Este grupo de ecoloxistas pacifistas utilizan as imaxes como “bombas mentais” capaces de transformar conciencias, empregando o poder das imaxes e dos medios de comunicación comoferramenta de cambio social. O activismo é desordenado.As auténticas revolucións nunca puideron ser organizadas. Poderán porse de acordo na importante misión de salvar o planeta?

O director: Jerry Rothwell é un documentalista inglés recoñecido internacionalmente grazas a películas como Donor Unknown, Town of Runners ou Deep Water. Ademais, traballou como produtor e editor de distintos proxectos. En 2012 gañou o prestixioso premio da Royal Television Society. O seu próximo proxecto, titúlase Sour Grapes, é para a plataforma Netflix e está codirixido por Reuben Atlas.

Despois da proxección do documental terá lugar unha charla-coloquio ofrecida por Greenpeace Santiago de Compostela.

Ficha




26 xaneiro
Grecia: reinventarse para vivir
(2014)

Dirección e guión: Elena Zervopoulou; Produción executiva: Elena Zervopoulou; Dirección de fotografía: Elias Adamis, Elena Zervopoulou; Montaxe: Kenan Akkawi; Son: Elena Zervopoulou; Música: Drog_A_Tek; Produción: One Vibe Films.

Grecia. 78 min.
Versión orixinal en grego con subtítulos en castelán.

A historia: Giorgos, sen teito tras sufrir os efectos da depresión económica, loita para reconstruír a súa vida; ao mesmo tempo, Ilias implícase no grupo de activistas do movemento da pataca para facerlles fronte ás grandes cadeas de alimentación a través da solidariedade e a democracia directa; pola súa banda, Grigoris vaise da cidade coa súa familia para buscar unha vida mellor no campo. Mentres a crise segue ampliando as desigualdades en toda Europa, a coraxe destes tres personaxes lémbranos que as persoas podemos cambiar a nosa realidade diaria.
Un retrato da recesión grega a través de tres homes que deciden coller as rendas do seu destino para cambialo. Pode ser esta crise unha oportunidade para reinventarnos a nós mesmos e como sociedade?

A directora: Elena Zervopoulou estudou Etnopsicología na Universidade de París 5. Traballou con familias de inmigrantes en París e foi consultora da UNESCO nun proxecto sobre nenos da rúa en Madagascar. Ten o Máster en Antropoloxía e Cinema Documental da Universidade de Nanterre. Realizou distintos proxectos documentais para ONG de todo o mundo. Dirixiu a curtametraxe Sex Gypsies (2012), que forma parte da serie documental Why Poverty? da BBC. Esta é a súa primeira longametraxe.

Ficha


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal