Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss
CICLO DE CONCERTOS. MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS

18 maio - 20 decembro 2016

CICLO DE CONCERTOS. MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS

O CGAC en colaboración coa USC presenta a sexta edición do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras. Un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo do proxecto é dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Baixo o comisariado de Vertixe Sonora, novos autores do panorama internacional compoñen obras orixinais a partir das exposicións, autores e obras do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Unha vez máis, o ciclo comeza coa celebración do Día Internacional dos Museos. Nesta ocasión, Vertixe Sonora participa do evento compartindo tres das últimas obras compostas para a agrupación por Elena Rykova (Rusia, 1991), Andrés Nuño de Buen (México, 1988) e Murat Çolak (Turquía, 1984).

Con motivo da exposición Agrupar_Desagrupar: rupturas da representación, establecerase un diálogo directo entre os artistas, con obra na colección do centro, e cinco compositores. Henrik Denerin (Suecia, 1978), Eduardo Flores (Ecuador, 1960), Iván Ferrer (México, 1976), Ivo Nilson (Suecia, 1966) e José Subía (Ecuador, 1985) daránlles voz aos artistas María Ruido, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Jorge Barbi e Carme Nogueira, mentres que Vertixe Sonora fará unha adaptación da banda sonora orixinal The Soul of O. Nermaud, composta por Isaac Pérez Vicente e incluída na súa película MACHINES À RR.

De todos os artistas representados na mostra Reler a Colección, Vertixe Sonora centra a mirada na figura de Louise Bourgeoise e na microexposición Estado de excepción, que toma como eixo central pezas de Johan Grimonprez e de Thomas Ruff vinculadas a atentados aéreos coma os do 11S ou as fotografías de valos fronteirizos de Ceuta e Melilla realizadas por Xavier Ribas como monumentos á desigualdade. Teremos así cinco novas obras dos compositores Michelle Agnes (Brasil, 1979),  Helga Arias (España, 1984), Joan Bagés i Rubí (España, 1977), Carlos de Castellarnau (España, 1977) e Facundo N. Llompart (Arxentina, 1979).

A mostra retrospectiva da obra realizada pola artista Eva Lootz nos anos setenta e oitenta servirá de referente para os cinco compositores do último concerto do ciclo: Heather B. Frasch (Estados Unidos, 1980), Piyawat Louilarpprasert (Tailandia), Abel Paúl (España, 1984), Javier Quislant (España, 1984) e Octavi Rumbau (España, 1980).

Como nas edicións anteriores, o ciclo converterá o CGAC nun centro de investigación e creación musical con intensas sesións de  traballo entre Vertixe Sonora e os compositores en xornadas abertas ao público que incluirán os ensaios previos e charlas cos compositores.

Folleto da actividade

 

PROGRAMA

CONCERTOS

18 de maio
Interferencias
20:30 h Celebración do DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Elena Rykova (Rusia, 1991) Bath Jamming* (2015) piano e dous intérpretes
Andrés Nuño de Buen (México, 1988) Tendón* (2015) saxofón, acordeón, contrabaixo e percusión
Murat Çolak (Turquía, 1984) Râh* (2015) saxofón, acordeón, violonchelo, contrabaixo, piano, percusión e electrónica

28 de xuño
20:30 h Agrupar_Desagrupar

Adaptación da banda sonora The Soul of O. Nermaud, da película MACHINES À RR de Isaac Pérez Vicente (2015-2016)

Eduardo Flores (Ecuador, 1960) Cauces** (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e piano
Henrik Denerin (Suecia, 1978) O ew'ge Nacht** (2016) violonchelo, piano e electrónica
Iván Ferrer (México, 1976) Wild Ox** (2016) saxofón, violín, piano e electrónica
Ivo Nilson (Suecia, 1966) Anacrusi** (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e piano
José Subía (Ecuador, 1985) Dianoia** (2016) frauta, saxofón, violín, violonchelo e electrónica

Programa de man



27 de setembro
20:30 h Louise Bourgeoise / Entre seguridade e liberdade

Helga Arias (España, 1984) Straglossa** (2016) saxofón, acordeón, piano, percusión e electrónica
Javier M. López (España, 1969) E-Border (Término)** (2016) saxofón, percusión y electrónica
Facundo N. Llompart (Arxentina, 1979) Sesgo** (2016) saxofón, acordeón, piano e percusión
Joan Bagés i Rubí (España, 1977) Muzak** (2016) saxofón, acordeón, piano, percusión e electrónica
Carlos de Castellarnau (España, 1977) Fragile Cells** (2016) saxofón, acordeón, piano, percusión e electrónica

Programa de man

 

20 de decembro
20:30 h Eva Lootz

Octavi Rumbau (España, 1980) Bucle While** (2016) piano, tom grave, contrabaixo e electrónica
Javier Quislant (España, 1984) Silberstimme** (2016) saxofón, vibráfono, guitarra eléctrica e piano
Heather B. Frasch (Estados Unidos, 1980) Quivering** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión e piano
Abel Paúl (España, 1984) Nombre y vacío** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, piano e percusión
Piyawat Louilarpprasert (Tailandia) Red de Lacre** (2016) saxofón, guitarra eléctrica, contrabaixo, percusión, piano e electrónica

Programa de man


* Encomendas de Vertixe Sonora 2015

** Estreas absolutas. Encomendas de Vertixe Sonora

 

ACTIVIDADES PARALELAS

26 de xuño
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

28 de xuño
19.30 h Conversa cos compositores

25 de setembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

27 de setembro
19.30 h Conversa cos compositores

18 de decembro
12:00-14:00 h Ensaios abertos cos compositores

20 de decembro
19.30 h Conversa cos compositores

A entrada a todas as actividades do ciclo é libre e gratuíta até completar as localidades.


COORDINACIÓN: Virginia Villar

Vertixe Sonora Ensemble: Monika Streitova frauta / Pablo Coello saxofón / Vadzim Yukhnevich acordeón / Roberto Alonso violín / Ailsa Lewin, Thomas Piel violonchelo / Carlos Méndez contrabaixo / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Xoán Xil electrónica e difusión de son // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística


COLABORACIÓN CON: Universidade de Santiago de Compostela



Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal