Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
CURSO TV OR NOT TV. ITINERARIOS DA FICCIÓN TELEVISIVA

28 setembro - 10 novembro 2016

CURSO TV OR NOT TV. ITINERARIOS DA FICCIÓN TELEVISIVA

A televisión é esencial para entender a evolución histórica da imaxee da cultura audiovisual. Desde o seu nacemento revelouse como o medio de comunicación de masas máis influínte debido á súa inmediatez ea unha capacidade case innata por adaptarse aos gustos do espectador.

As transformacións tecnolóxicas que modificaron os modos de produción, distribución e recepción no eido audiovisual non minguaron o seu poder; ao contrario, desde o cambio de século a televisión converteuse nun dos axentes de ficción con maior vontade de risco, e a súa sofisticación narrativa foi ocupando de xeito progresivo o lugar hexemónico do cinema, en crise permanente desde hai décadas.

Neste curso afondarase nalgunhas das propostas máis audaces ao longo da historia, entendendo a televisión como medio de evasión e ocio, pero sen esquecer a vertente de coñecemento, pois moitos dos seus produtos so nun espello do tempo no que foron creados. Polo seu rigor estético e formal estes produtos atópanse na vangarda do ecosistema audiovisual, por iso semella pertinente o seu estudo nun centro de arte contemporánea.

No transcurso de cada sesión analizaranse breves fragmentos de series que ofrezan unha visión global da ficción televisiva ao longo da súa historia, e que sirvan para entender a evolución do medio. Como ferramenta de apoio crearase unha plataforma en formato blog onde se complementen os contidos vistos en cada sesión. O obxectivo desta plataforma é fomentar a participación e promover o debate nas sesións, ademais de crear un foron o cal os alumnos poidan realizar as súas propias achegase as suxestións que consideren oportunas.

Folleto da actividade


HORARIO: de 19:00 a 20:30 h

Sesión 1: 28 de setembro. XENEALOXÍA DA TELEVISIÓN(1930-1980).
Primeiras emisións: condicionantes técnicos, históricos e sociais. The Golden Age (1945-1955). Definición da linguaxe televisiva e codificación xenérica. Episodic Series vs Antologhy Series. O telefilme. O nacemento da sitcom: I love Lucy. Globalización da ficción televisiva americana: Alfred Hitchcok presenta. La dimensión desconocida. MASH. A produción de calidade británica: Doctor Who, Monty Phyton's Flying Circus, Arriba y abajo.

Sesión 2: 29 de setembro. MENOS WALTON E MÁIS SIMPSONS (1980-1999).
O paradigma Hill Street Blues; multitrama e novos pactos coa realidade. L. A. Law, St. Elsewhere, Miami Vice e Murphy Brown. A familia disfuncional. Married... with Children. Will & Grace. Os “escuros noventa”, Northern ExposureTwin Peaks e The X-Files. O fenómeno fan. A aparición da televisión por cable: o caso da Fox. O boom da ficción española e galega.

Sesión 3: 20 de outubro.
19:00 h. A TELEVISIÓN DO SÉCULO XXI.
“It´s no TV, It´s HBO”. The Sopranos como fito fundacional. Ecosistemas da imaxe contemporánea: hibridación xenérica, novos formatos e autorreferencialidade. Black Mirror. True Detective. O fin do culto á audiencia. Rubicon. Hiperdiéxese e novas dinámicas narrativas. The Wire, Lost, Mad Men. A figura do showrunner. David Simon, Shonda Rimes, Matthew Weiner.
20:30 h. A Historia e as historias, conferencia de Javier Olivares

Sesión 4: 27 de outubro. CREBAS DO NAUFRAXIO POSMODERNO.
Utopías e distopías do relato visual contemporáneo. Battlestar Galactica. Life on Mars. 24. A poética da morte. Six Feet Under. The Walking Dead. Sons of Anarchy. O sexo e a cidade: Californication, Desperate Housewives, Girls. Losers e
modern families: Hung, Weeds, Breaking Bad, Shameless. O humor sen gargallada: Seinfeld, The Office, Curb Your Entusiasm, Louie.

Sesión 5: 3 de novembro. O RELATO TRANSNACIONAL.
Netflix e o universo multipantalla. House of Cards, Orange Is the New Black. A puxanza europea. State of Play, Les Revenants, Happy Valley, Hijos del Tercer Reich. O nordic noir: Forbrydelsen, Bron/Broen. A ficción latinoamericana; máis alá da telenovela. Niño Santo, Narcos, Historia de un clan. Tan lonxe, tan preto: Hatufim, Sila, You are beautiful.

Sesión 6: 10 de novembro. A CAIXA TONTA TRAVESTIDA DE CINEMA.
Cinema-televisión: táboa de equivalencias. Rosellini. Bergman. Kieslowski. Boardwalk Empire. Game of Thrones. Invocacións ao formal: ferramentas expresivas e envoltorios de luxo. Top of the Lake. Generation Kill. Hannibal. Borgen. The Good Wife. Estratexias de persuasión: Intros, openings, créditos, endings, teasers: Cheers, Dexter, American Horror Story.

 

José Antonio Cascudo (Guitiriz, 1976)
Licenciado en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual, Máster en Sociedade da Información e do Coñecemento, Técnico Superior en Fotografía Artística. Na actualidade está a rematar a tese A mística da feminidade en Mad Men, no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social da USC. Guionista de A realidade máxica (2008), director do documental O instante eterno (2014) e da curtametraxe experimental Alfa e Omega (2014). Organizou diferentes seminarios e ciclos de cinema, entre eles os dedicados a Alexandr Sokurov (2008) e Chris Marker (2014), ambos no CGAC. Colaborador en publicacións como Audiovisual Galego, Kalaikia ou +Kaiser Magazine. En 2007 publicou o libro de poesía Manual do misántropo, e participou na antoloxía A cidade na poesía galega do século XXI (2012).

Javier Olivares (Madrid, 1958)
Licenciado en Historia pola Universidade Complutense de Madrid e Magister polo Instituto de Estética y Teoría de las Artes (Universidade Autónoma de Madrid). Creou series como Infidels, Kubala, Moreno i Manchón (TV3), Isabel, Víctor Ros, El Ministerio del Tiempo (TVE 1). Como produtor, fundou en 2013 Cliffhanger Tv&Media (www.cliffhangertv.com) produtora de formatos para ficción televisiva.


DIRECCIÓN: José Antonio Cascudo

COORDINACIÓN: Virginia Villar

DESTINATARIOS:O curso está destinado a todo tipo de público con inquietudes culturais,senquesexannecesarios coñecementospreviosnamateria. O único requisito de asistenciaseráa curiosidade.

PRAZAS: 250

INSCRICIÓN: O prazo de inscrición estará aberto desde o 15 de xuño até o 27 de setembro de 2016. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.es no que deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, informarase ás persoas inscritas sobre como realizar o pagamento.

MATRÍCULA: 15 € / Socios do Cineclube de Compostela e de AGAG (Asociación Galega de Guionistas): 10 €

CERTIFICACIÓN: O CGAC entregará un certificado de asistencia a aquelas persoas que asistan como mínimo ao 75% das sesións do curso.

COLABORAN: Cineclube de Compostela, AGAG e AGADIC


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal