Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
SEMANA DA ÓPERA - I PURITANI

14 xullo 2016

SEMANA DA ÓPERA - I PURITANI

No bienio 2016-2018, o Teatro Real celebra o bicentenario da súa fundación e o vixésimo aniversario da súa reinauguración levando a ópera á rúa, con retransmisións de producións propias en institucións e centros culturais e artísticos de toda España, e en pantallas situadas en prazas, rúas e demais lugares públicos.

O día 14 de xullo emitirá, en directo e simultaneamente vía satélite e a través de Internet, a función I Puritani, que se difundirá en espazos públicos no marco das actividades da Semana da Ópera.

O CGAC súmase a esta iniciativa e acollerá a retransmisión da representación de I Puritani, o vindeiro 14 de xullo ás 20:00 horas. Entrada libre até completar capacidade.

 

I PURITANI

Melodramma serio en tres actos.
Música de Vicenzo Bellini (1801-1835).
Libreto de Carlo Pepoli, baseado na obra de teatro Têtes roldes et cavaliers (1833) de Jacques-François Ancelot e Jacques-Xavier Saintine.
Estreada no Théàtre Italien de París, o 24 de xaneiro de 1835.
Estreada no Teatro Real, o 6 de decembro de 1850.
Nova produción do Teatro Real, en coprodución co Teatro Municipal de Santiago de Chile.

Esta foi a derradeira ópera de Bellini, prematuramente falecido aos 34 anos, cando lograra que a sociedade parisiense se rendese aos seus pés e por fin, nun panorama musical dominado polos italianos, lle encargasen unha obra histórica que, sobre o fondo da guerra civil inglesa que enfrontou a Cromwell e aos puritanos cos eduardinos, desenvolve unha apaixonada historia de amor salpicada pola paixón, a traizón e a tolemia. A ópera céntrase nunha característica heroína romántica, Elvira, que sofre a experiencia de sentirse traizoada polo seu prometido, o mesmo día da súa voda. Este feito provócalle un sentimento tan doloroso e insoportable que o seu entendemento non o pode resistir e tolea.


Director musical: Evelino Pidò
Director de escena: Emilio Sagi
Director do coro: Andrés Máspero


Elenco
Lord Gualtiero Valton: Myklos Sebestyén
Sir Giorgio: Nicolas Tezer
Lord Arturo Talbo: Javier Camarena
Sir Ricardo Forth: Ludovic Tezier
Sir Bruno Roberton: Antonio Lozano
Enriqueta de Francia: Annalisa Stroppa
Lady Elvira Valron: Diana Damrau
Coro e Orquestra Titulares do Teatro Real

Selección de críticas da ópera
[castelán]
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal