Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2016

16 outubro - 27 novembro 2016

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2016

O CGAC participa na quinta edición das Xornadas de Música Contemporánea que, desde os anos noventa, teñen lugar na cidade de Santiago de Compostela co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación no ámbito musical.

A actividade, interrompida durante algúns anos, recuperouse en 2012, froito da iniciativa e coordinación do Concello de Santiago, a Universidade de Santiago e o CGAC, co mesmo espírito de traballo e colaboración institucional que caracterizara o proxecto no seu inicio.

Desde 2013, as Xornadas de Música Contemporánea de Santiago contan ademais co apoio da Fundación Cidade da Cultura e coa colaboración na organización, programación, crecemento, difusión e proxección do Centro Nacional de Difusión Musical (CNDM) e do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM).

Baixo o título Con’Ciencia’ da Palabra, as Xornadas de Música Contemporánea, regresan a Compostela nos meses de outubro e novembro 2016 co obxectivo de promover e difundir a últimas tendencias e a innovación da música culta actual.

Entrada libre até completar capacidade do auditorio.



PROGRAMACIÓN CGAC

Outubro
Domingo 16, 12:00 h.
Concerto familiar.
Ensemble Música Práctica. Catro tímbricas pintadas (2013) de Fernando Buide (1980).
Jorge Montes, Fernando Buide e Alejandro Sanz contan neste proxecto coa colaboración de Juan Ibáñez.

Novembro
Zoar
Viernes 25, 20:30 h. Concerto SH4K3SP34R3 e presentación de Jorge Sacido Romero, profesor de Literatura Inglesa da USC.
Sábado 26, 20:30 h. Concerto C3RV4NT3S e charla previa de Santiago Fernández Mosquera, catedrático de Literatura Española da USC.
Domingo 27, 12:00 h. Concerto Juego de ladrones, adaptación didáctico-musical arredor do texto de Rinconete y Cortadillo de Miguel de Cervantes. Actividade familiar, preferentemente para nenos e nenas de 6 a 13 anos.
Álex Salgueiro, fagot; Joan Ibáñez, frauta; David Villa, óboe; Benxa Iglesias, trompa e Antonio Suarez, clarinete.

Intérpretes convidados: Nuria Lorenzo, mezzosoprano; Teresa Morales, violonchelo; Paula Santos, viola e Javier Ares, piano.

Folleto


Entrevista con Patrick van Deurzen e a súa música [castelán e inglés]
Entrevista con José Luis Turina e a súa música [castelán e inglés]
Entrevista con Oscar Navarro e a súa música [castelán e inglés] 





COORDINACIÓN: Virginia Villar
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal