Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
MIES É + TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

28 xaneiro - 2 xullo 2017

MIES É + TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA

MANIFESTA, IMAXINA, EXPERIMENTA, SINTE!

O arquitecto Fermín Blanco, a través do equipo didáctico do Sistema Lupo, propón unha serie de talleres de arquitectura dirixidos ao público infantil. O obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as claves necesarias para interpretar a arquitectura contemporánea mediante o legado das figuras máis relevantes do noso tempo neste eido.

O arquitecto David Antuña e Víctor González e os educadores Rebeca Mariño e Santiago Chenlo introducirán os participantes no apaixonante mundo da arquitectura contemporánea. Cada taller estará dedicado a un autor representativo das diferentes xeracións de arquitectos desde as vangardas até a actualidade e desenvolverase atendendo á filosofía de cada creador.

O xogo será fundamental durante todas as sesións. Utilizarase a didáctica do Sistema Lupo tanto no tocante ao material como aos contidos. Este sistema comprende unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. É unha didáctica experimental que fomenta a reflexión e a creatividade individuais ademais do traballo en equipo a través de dinámicas de construción a grande escala.

A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se fará un achegamento á figura e ao pensamento de cada arquitecto, e posteriormente proporase unha serie de retos construtivos.

Este segundo bloque de talleres, que continuará celebrándose a última fin de semana de cada mes, abordará o rigor de Mies van der Rohe, a palabra de Rem Koolhas, o aspecto lúdico de Charles e Ray Eames, o traballo visionario de Richard Buckminster Fuller, a vocación social de Alison e Peter Smithson e o ritmo, o sentimento e o sentido comunitario de Lina Bo Bardi nas súas producións arquitectónicas.

Folleto da actividade


MANIFESTA

Mies van der Rohe. Eu modulo, ti modulas, Mies modula
28 e 29 de xaneiro
Sábado 28. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 29. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 10


Rem Koolhas. Sen/Con texto
25 e 26 de febreiro
Sábado 25. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 26. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 10

 

IMAXINA

Charles e Ray Eames. Fala creativo
25 e 26 de marzo.
Sábado 25. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 26. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 10

 

EXPERIMENTA

Fuller. A nave espacial Terra
29 e 30 de abril
Sábado 29. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 30. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 10

 

SINTE

Alison e Peter Smithson. Os xardíns de Robin Hood
27 e 28 de maio
Sábado 27. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 28. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazo de inscrición: do 13 ao 26 de maio
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 10

Lina Bo Bardi. SESC Pompéia
1 e 2 de xullo
Sábado 1. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo 2. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazo de inscrición: do 17 ao 30 de xuño
Horario: 11:00-13:00 h
Prazas: 10

 

INSCRICIÓN: Todos os talleres son gratuítos. As solicitudes de inscrición abriranse aproximadamente dúas semanas antes de cada taller. As persoas interesadas poderán inscribirse a través do correo electrónico cgac.educacion@xunta.es e indicarán os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderase inscribir a un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.


DIRIXE: Fermín Blanco

IMPARTEN: David Antuña e Víctor González, arquitectos; Rebeca Mariño e Santiago Chenlo, educadores

COORDINA: Virginia Villar

 

 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal