Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
SEMINARIO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA por ANA ANGÉLICA ALBANO

29-30 de marzo 2011

SEMINARIO DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA por ANA ANGÉLICA ALBANO

“Arte e pedagoxía son áreas de coñecemento que, frecuentemente, habitan territorios distintos con fronteiras ben demarcadas. Artistas e pedagogos conviven, uns a carón dos outros, estrañándose mutuamente. A arte ensínase? A arte ensínanos? Que aprendemos coa arte? A partir de questións como estas, o seminario propón a discusión sobre a potencialidade transformadora e, polo tanto, educativa da arte, convidando os participantes a pensar a arte e a pedagoxía alén dos territorios demarcados”.
Ana Angélica Albano

O CGAC organiza un seminario dirixido a docentes de educación primaria, e educadores sociais e de museos que orienten o seu traballo cara á busca de espazos de intersección entre os ámbitos da arte e da educación. Partindo dunha revisión crítica, Ana Angélica Albano explicará algúns dos proxectos sociais de iniciación artística que desenvolveu en diversas comunidades do Brasil. Espazos de posibilidades para a aprendizaxe, a experimentación e o diálogo, creados a partir da disolución dos límites de ambas as dúas áreas, e que converten a educación artística en eixe aglutinador de materias e impulsor da diversidade cultural.

Ana Angélica Albano
Profesora da Facultade de Educación da Universidade Estadual de Campinas (Unicamp), Brasil, onde traballa desde 1997, coordinadora do grupo de investigación Laborarte (Laboratorio de Estudos sobre Arte, Corpo e Educación da Unicamp), investigadora de Imagination and Education Research Group (Simon Fraser University, Canadá) desde 2003 e de Focus Group for Creativity in Education (Fundación Marcelino Botín, Santander) desde 2009. Doutora en Psicoloxía Social pola Universidade de São Paulo, licenciada en Artes Visuais pola Fundação Armando Alvares Penteado de São Paulo. Implantou e coordinou varios proxectos sociais de iniciación artística nos concellos de São Paulo, Santo André e Diadema de 1983 a 1997. As súas investigacións están centradas na observación de historias de iniciación na arte de artistas e de educadores. Autora dos libros Tuneu, Tarsila e outros mestres... o aprendizado da arte como um rito de iniciação (Plexus, São Paulo, 1998), O espaço do desenho: a educação do educador (Loyola, São Paulo, 1984; 14.a ed., 2010) e coordinadora, xunto con Luciana Esmeralda Ostetto, da publicación Arte na educação: pesquisas e experiências em diálogo (Caderno
Cedes, núm. 30, Campinas, 2010).

DIRECCIÓN: Ana Angélica Albano

COORDINACIÓN: Cristina Trigo

HORARIO: 16:30 a 20:30 horas

DESTINATARIOS: A actividade está dirixida a profesorado de educación primaria, educadores/as de museos e educadores/as sociais ou doutras áreas que estean interesados/as no desenvolvemento de proxectos de educación artística na comunidade.

INSCRICIÓN: As solicitudes para asistir ao seminario poden presentarse na recepción do CGAC, chamando os teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos ou ben a través do correo electrónico cgac.actividades@xunta.es indicando os seguintes datos de persoa candidata: nome, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto, áreas de traballo e un breve comentario sobre as razóns polas que desexa participar neste seminario. O prazo de inscrición finalizarán cando as prazas estean cubertas.

PRAZAS: 40. Matrícula gratuíta

O seminario será impartido en lingua portuguesa

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal