Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss
MARUJA MALLO UNHA VIAXE ESPACIAL. TALLERES PARA PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

29 marzo 2017

MARUJA MALLO UNHA VIAXE ESPACIAL. TALLERES PARA PERSOAS CON TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA

HORARIO:
11h: para nenos e nenas conTEA
12.30 h: para adultos con TEA

Con motivo do Día Internacional de Concienciación do Autismo (2 de abril) e do Día das Artes Galegas (1 de abril), o CGAC programa varios talleres en colaboración con Aspanaes (Asociación de Pais dePersoas con Trastorno do Espectro Autista).

Os talleres estarán destinados a persoas afectadas por trastornos do espectro autista (TEA) e xirarán arredor da figura de Maruja Mallo, artista coa que o CGAC abriu as súas portas en 1993 e a quen esteano a Real Academia Galega de Belas Artes lle dedica o seu día. O colectivo taller abierto propón unha actividade didáctica e lúdica sobre a artista galega adaptada ás necesidades especiais daspersoas con TEA.

Os participantes observarán, por unha banda, os procesos compositivos de fundamento xeométrico das pezas de Maruja Mallo e, por outra, temáticas recorrentes na súa obra coma o baleiro e o infinito do universo, que aborda especialmente na serie Viajeros del éter (Viaxeiros do éter), tamén coñecida como Los moradores del vacío (Os moradores do baleiro).

Realizarase un sinxelo percorrido polas diversas etapas desta artista de vangarda: o futurismo, o realismo máxico, o seu particularsurrealismo e o formalismo característico das últimas obras.
Esta viaxe polo universo de Maruja Mallo abordarase a partir de tarefas gráfico-plásticas.

Levarase a cabo un firmamento colectivo no que se elaborarán figuras e fondo para explicitar as nocións de corpo e espazo e a creación de concepcións obxectuais propias, que xurdirán como artefactos e naves espaciais a través da xustaposición de formasxeométricas, partindo da deconstrución do repertorio formal da autora.

Folleto da actividade


Taller abierto
É un colectivo que traballa en educación artístico-plástica xerando e impartindo proxectos didácticos de arte e arquitectura. O equipo está conformado por persoas do mundo da arte, da
arquitectura, da educación e das ciencias sociais. Nos seus proxectos pretenden ensinar a mirar con novos ollos aquilo sobre o que non reparamos, a forza de velo con ollos indiferentes. Cren que con eles máis abertos poderemos gozar máis do que temos, nun tempo no que satisfacer o desexo constante de novidades se volveu imposible.
Máis información: www.tallerabierto.info



DIRECCIÓN: taller abierto

COORDINACIÓN: Virginia Villar

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal