Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook twitter Youtube rss
NERDNITE 2017

14 marzo 2017

NERDNITE 2017

Un ano máis o CGAC colabora coa Universidade de Santiago de Compostela na programación das Nerd nites. Nas Nerd nites, as persoas convidadas falan co público das disciplinas que os apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico. Son conversas sobre literatura, política, medicina, matemáticas, bioloxía, arte… dirixidas por expertos nas materias e que teñen como premisa a sinxeleza de conceptos e de contidos.

O vindeiro martes, 30 de marzo, ás 21:30 h, terá lugar unha nova edición das Nerd nites na cafetería do CGAC.

 

Programa

Por qué o home atopou ao can? María Sabell Sierra. Especialista en conduta animal.

Gramática sexual do putero español. Águeda Gómez Suárez. Profesora de Socioloxía da Universidade de Vigo.

Sobre radiólogos e máquinas. A ameaza do deep learning. Pablo García Tahoces. Profesor de Ciencias da Computación da USC.

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal