Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
II CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS

30 novembro - 2 decembro 2017

II CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS

O segundo congreso sobre performance Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2017 nas cidades de Pontevedra (Casa das Campás) e Santiago de Compostela (CGAC).

Continuando a liña do primeiro congreso que tivo lugar no CGAC o pasado ano, o obxectivo principal desta edición será a análise e a reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a teoría. 

O comité científico estará integrado por Alba Blanco (Universidade de Vigo), Cecilia Perea (Universidade da Patagonia), David Pérez (Universitat Politécnica de Valencia), Marta Pol Rigau (Universidade de Vigo), Carlos Tejo (Universidade de Vigo), Álvaro Terrones (Universitat Politécnica de Valencia) e Judit Vidiella (Escola Universitaria ERAM-Universidade de Girona). 

A convocatoria para a presentación de traballos está aberta a artistas, teóricos/as e estudantes, que poderán presentar publicamente as súas investigacións arredor da arte de acción desde unha posición aberta que presente múltiples perspectivas.

As comunicacións presentadas ao congreso deben ser orixinais e inéditas e non poderán estar pendentes de publicación. O comité científico do congreso non aceptará aquelas comunicacións que non cumpran os criterios de publicación aquí expresados.

Folleto da actividade (castelán)
 

As persoas que desexen participar deberán suscitar unha reflexión que reflicta un estado de innovación na investigación teórico-crítica da linguaxe da arte de acción e ofrecer hipóteses que nos axuden a anticipar o seu futuro.

As propostas de comunicacións seleccionadas deberán abordar algún destes eixes temáticos que estruturan o congreso:

1. A reflexión teórica arredor da arte de acción. Contrastar as diferentes aproximacións teóricas para poder construír un marco contextual, incluídas a invención de procesos creativos e as propias prácticas de acción como investigación artística.

2. O carácter liminar da arte de acción dentro do marco da arte contemporánea. Subliñar como procesos de carácter performático poden estar presentes como estrutura central de prácticas artísticas contemporáneas.

3. A arte de acción e as súas interseccións. Investigar como a práctica da arte de acción integrou estratexias da escena contemporánea (danza ou videoarte), e como estas linguaxes incorporaron estratexias da arte de acción.

4. A natureza da arte de acción desde unha perspectiva de xénero. Examinar aqueles proxectos de arte de acción que permitan desestabilizar determinados esquemas preestablecidos desde un posicionamento crítico.

 

Inscrición e bases da convocatoria, aquí.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal