Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
CURTOCIRCUÍTO 2017

1-8 outubro 2017

CURTOCIRCUÍTO 2017

Un ano máis o CGAC colabora co festival internacional de cine Curtocircuíto na súa 14ª edición.

O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.

Trece anos despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na súa sección oficial compiten curtametraxes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos, tendo sempre a contemporaneidade e o risco como referentes. Este é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e a participación da cidadanía. Mais alá de ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto quere converterse nun punto de encontro lúdico e cultural.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal