1-8 outubro 2017
CURTOCIRCUÍTO 2017
Un ano máis o CGAC colabora co festival
internacional de cine Curtocircuíto na súa 14ª edición.
O festival naceu en Santiago de Compostela no ano 2003 como unha iniciativa do concello da cidade coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.
Trece anos despois, Curtocircuíto é un
festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con
outros festivais de Europa. Na súa sección oficial compiten curtametraxes de
todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de
duracións e formatos, tendo sempre a contemporaneidade e o risco como
referentes. Este é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os
creadores e creadoras, a formación e a participación da cidadanía. Mais alá de
ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos,
Curtocircuíto quere converterse nun punto de encontro lúdico e cultural.