Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
SEMINARIO: NOVAS NARRATIVAS NA HISTORIA DA ARTE CONTEMPORÁNEA

24-25 novembro 2017

SEMINARIO: NOVAS NARRATIVAS NA HISTORIA DA ARTE CONTEMPORÁNEA

Nos últimos anos puidemos comprobar como, á vez que se consolidaban as titulacións de Historia da Arte e de Belas Artes, os museos e centros desenvolvían distintas metodoloxías no seu traballo de investigación sobre creación contemporánea. Tanto no ámbito universitario como no das institucións culturais, esa diversidade conceptual e metodolóxica derivaba en investigacións moi diversas (académicas ou en forma de exposicións) e en maneiras de configurar as coleccións igualmente variadas. Talvez faltou unha reflexión en profundidade sobre os criterios e métodos cos que escribir os novos relatos sobre a arte do presente, así como sobre a capacidade real de interlocución entre os museos e a universidade. Están os novos conceptos e paradigmas críticos reformulando realmente a maneira en que os museos desenvolven o seu traballo?

Pasaron xa os anos nos que o urxente era actualizar as institucións do saber (universidade e museos), achegándoas á creación máis contemporánea. Isto fíxose, moitas veces, asumindo criterios e valores herdados e non someténdoos a unha avaliación crítica. Nos últimos anos estamos a ver, con todo, como se están poñendo en cuestión as clasificacións e os conceptos claves da crítica e a historia da arte, desvelando os defectos dos relatos e propoñendo outros novos. No seminario Novas narrativas na historia da arte contemporánea queremos propoñer unha reflexión ambiciosa ao redor dos obxectos e os métodos de estudo da historia da arte, e centrar as análises na creación realizada nas últimas décadas. Cremos necesaria esta reflexión porque tanto os relatos da historia como as prácticas institucionais se están vendo afectadas polos novos enfoques das investigadoras e os investigadores, e polo empuxe dos movementos sociais. As novas achegas están provocando nos últimos anos a reorientación e proliferación de estudos que abordan o fenómeno da obra de arte desde outros puntos de vista. 




DIRECCIÓN: Agar Ledo Arias, Miguel Anxo Rodríguez

SECRETARÍA TÉCNICA: Gema Baños

COORDINACIÓN: Matías G. Rodríguez, Daniel López Abel

EDICIÓN DE ACTAS E PÁXINA WEB: Daniel López Abel

ORGANIZA: Grupo de investigación “Historia da arte, da Arquitectura e do Urbanismo” (GI-1510), da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

GRUPO ORGANIZADOR: Santiago Olmo (director do CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea), Matías García Rodríguez (investigador, Universidade de Santiago de Compostela), Daniel López Abel (investigador independente), Agar Ledo (responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo), Miguel Anxo Rodríguez (Departamento de Historia da arte, Universidade de Santiago de Compostela).

COMITÉ CIENTÍFICO: Margarida Brito Alves (Departamento de História da Arte, Universidade Nova de Lisboa), Silvia García (Departamento de Pintura, Universidade de Vigo), Yolanda Herranz (Departamento de Escultura, Universidade de Vigo), Iñaki Martínez Antelo (director do MARCO, Museo deArte Contemporánea de Vigo), Xosé Nogueira Otero (Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela), Martí Perán (Departamento de Historia da Arte, Universitat de Barcelona), Fernando José Pereira (Departamento de Artes Plásticas, Universidade do Porto), Yolanda Pérez Sánchez (Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, Universidade da Coruña), Juan Martín Prada (Departamento de Didáctica da Educación Física, Plástica e Musical, Universidade de Cádiz), Víctor del Río García (Departamento de Historia da Arte /Belas Artes, Universidade de Salamanca), Sergio Rubira (Departamento de Historia da Arte III: Contemporánea, Universidade Complutense de Madrid, Jesús A. Sánchez García (Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela), Federico L. Silvestre (Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela), Cristina Trigo (Departamento de Didácticas Aplicadas, Universidade de Santiago de Compostela).


PROGRAMA

Venres, 24 de novembro
Panel 1: Perspectivas de xénero
09:00 h Presentación a cargo da dirección do seminario
09:30 h Conferencia de Lourdes Méndez (Departamento de Antropoloxía Social, Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea) 
10:45 h Comunicacións
12:00 h Pausa
12:20 h Mesa redonda (1 h 40 min). Xabier Arakistain (feminista e comisario de arte independente); Patricia Mayayo (Departamento de Historia da arte, Universidade Autónoma de Madrid); Helena Miguélez (Departamento de Linguas Modernas, Bangor University, Reino Unido). Modera: Anxela Caramés (investigadora e comisaria)

Panel 2: As prácticas instituíntes
16:00 h Conferencia de Jesús Carrillo (Departamento de Historia da Arte, Universidade Autónoma de Madrid)
17:15 h Comunicacións
18:30 h Pausa
18:50 h Mesa redonda (1 h 40 min). Marcelo Expósito (artista e ensaísta, Programa de estudos independentes do MACBA, Barcelona); Anxo Rabuñal (investigador e editor); Sandra Vieira Jürgens (Departamento de História da Arte, Universidade Nova de Lisboa). Modera: Miguel Anxo Rodríguez (Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela) 

Sábado, 25 de novembro
Panel 3: Análise cultural e estudos visuais
09:30 h Conferencia de Mieke Bal (teoría da literatura, analista de arte e da cultura, Amsterdam School for Cultural Analysis, University of Amsterdam)
10:45 h Comunicacións
12:00 h Pausa
12:20 h Mesa redonda (1 h 40 min). Santiago Olmo (director do Centro Galego de Arte Contemporánea) e Mieke Bal. Modera: Pedro de Llano (comisario, crítico e investigador, Universidade de Santiago de Compostela)

Panel 4: Discursos decoloniais
16:00 h Conferencia de Germán Labrador (Departamento de Lingua e Cultura Española e Portuguesa, Princeton University, EUA)
17:15 h Comunicacións
18:30 h Pausa
18:50 h Mesa redonda (1 h 40 min). Julia Morandeira (comisaria e investigadora CA2M, Móstoles); Olga Fernández (Departamento de Historia da Arte, Universidade Autónoma de Madrid); Carlos L. Bernárdez (investigador e escritor). Modera: Agar Ledo (responsable de exposicións do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo) 



INSCRICIÓN
ASISTENTES CON COMUNICACIÓN: Os asistentes que presenten comunicación terán dúas opcións á hora de facer os pagamentos: a normal, que é de 120 euros, e a reducida, de 60 euros. Para esta última opción deberán presentar un documento acreditativo da condición de estudante ou desempregado/a.
ASISTENTES SEN COMUNICACIÓN: A asistencia ao seminario é libre e de balde. As persoas que desexen o certificado de asistencia deberán cubrir a inscrición
e facer un pagamento de 20 euros. O prazo para esta modalidade de inscrición estará aberto ata o mesmo día de inicio do seminario.
FORMA DE INGRESO: Para a matriculación no seminario deberase cubrir a ficha de inscrición, indicando a modalidade de participación escollida, e efectuar unha transferencia á conta da Universidade de Santiago de Compostela nº 0049.2584.90.2214002210 no Banco Santander Central Hispano. Deberase indicar no concepto do ingreso “SEM_NARRATIVAS nome e apelidos”. Posteriormente deberán enviar un correo electrónico confirmando o ingreso ao enderezo novasnarrativas.usc@gmail.com.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 30 de xullo ao 10 de novembro de 2017.
PREZOS DE INSCRICIÓN:
Para asistentes con comunicación: 120 euros.
Para asistentes con comunicación (estudantes e desempregados/as): 60 euros.
Para asistentes con certificado: 20 euros.
Para asistentes sen certificado: de balde

O seminario está recoñecido como actividade formativa con 10 horas no Programa de Doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal