Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
VISITAS GUIADAS DURANTE A FIN DE SEMANA

7 outubro 2017 - xullo 2018

VISITAS GUIADAS DURANTE A FIN DE SEMANA

O CGAC programa visitas guiadas durante a fin de semana. Todos os sábados, desde outubro de 2017 até xullo de 2018, o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h. Poden participar desde unha persoa até un máximo de 25 persoas. O grupo formarase por orde de chegada. As visitas terán unha duración aproximada de 50 minutos. A actividade é de balde.

*(agás os días en que, por requirimentos de montaxe, non haxa exposicións).


COORDINACIÓN: Virginia Villar

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal