Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2017

7 outubro - 25 novembro 2017

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2017

Entre os meses de outubro e novembro terá lugar unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea. Unha actividade estruturada arredor de varios concertos nos que a transversalidade da música e a súa relación con outras artes cobra protagonismo. Dezaoito recitais entre os que se inclúen dez estreas absolutas e cuxa programación está conformada polos grupos máis consolidados do actual panorama da música contemporánea.
A Concellaría de Acción Cultural en colaboración coa USC e o CGAC levan a cabo estas Xornadas que xeran lugares para o encontro e a difusión da música en diversos espazos da cidade, como a Igrexa e o Paraninfo da Universidade, o Centro Galego de Arte Contemporánea ou o Auditorio de Galicia. Crean ao seu redor un tecido cultural a prol das manifestacións musicais máis actuais. 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal