Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2013

De maio a novembro de 2013

MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2013

Música e arte. Correspondencias sonoras, continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións que cada tempada desenvólvense no CGAC. Con esta nova edición, o ciclo consolídase como unha das citas máis relevantes da creación musical en Galicia. Vertixe Sonora Ensemble, encargada de organizar e desenvolver esta actividade, convida a compositores de prestixio do panorama internacional a crear doce novas obras coa única premisa de que transiten polas encrucilladas propostas polo Centro Galego de Arte Contemporánea. Nesta relación entre música e arte conviven creadores de diferentes nacionalidades e culturas, e teñen cabida todas as expresións creativas actuais, co obxectivo de coñecer de primeira man as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Como novidade desta cuarta edición, o ciclo complementarase con Protocolos de escoita, unha serie de conferencias de achegamento á música contemporánea vinculadas aos concertos e impartidas polo musicólogmilio Lede.
Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos celebrarase o primeiro dos concertos: Utopía sonora. En correlación cos traballos do artista Miguel Palma e coa súa exposición Malestar moderno, presentarase un espectáculo para instrumentos e obxectos sonoros que constará dunha obra de Malin Bang (Suecia, 1974), para catro instrumentos e dispositivos eléctricos amplificados; outra de Marianthi Papalexandri-Alexandri (Grecia, 1974), que explorará a percepción visual e sonora, e unha composición de Manuel Rodríguez Valenzuela (España, 1980), onde os instrumentos son manipulados e transformados acusticamente por diferentes e variados obxectos.
PROGRAMA

16 DE MAIO
Utopía sonora. Vertixe Sonora Ensemble
Malin Bang kobushi burui* (2012)
saxofón tenor, percusión, piano, guitarra eléctrica e obxectos sonoros
Marianthi Papalexandri-Alexandri Kein Thema (2007)
tres intérpretes e obxectos sonoros
Manuel Rodríguez Valenzuela 24 (2013)
violonchelo amplificado e piano a dez mans
Programa de man

11 DE XUÑO
The Mind on Fire. Vertixe Sonora Ensemble
Sergej Newski Bastelmusik 1* (2003)
saxofón alto, violín, piano e percusión
Cem Özçelik eternal curve** (2013)
violonchelo, piano e percusión
Yoshiaki Onishi Tr* (rev. 2012)
violonchelo e piano
Joan Arnau Pàmies canvas (2010)
saxofón soprano, piano e percusión
Miguel Farias Palette** (2013)
saxofón barítono, violonchelo, piano e percusión
Programa de man

17 DE SEPTIEMBRE
Etcétera. Vertixe Sonora Ensemble
Zesse Seglias Nova obra**
saxofón, clarinete baixo, trombón, contrabaixo e percusión
Hannes Kerschbaumer Nova obra**
saxofón, contrabajo y percusión
Martín Herraiz Nova obra**
saxofón, clarinete baixo, trombón e contrabaixo
Marina Poleukhina Nova obra**
saxofón, clarinete baixo, trombón, contrabaixo e percusión
Programa de man

8 DE OCTUBRE
Ambiguo e sublime. Vertixe Sonora Ensemble
Santiago Díez Fischer Nova obra**
saxofón, violonchelo, piano, percusión e electrónica
Hugo Morales Nova obra**
saxofón, violonchelo, piano, percusión e electrónica
Alireza Farhang Nova obra**
saxofón, violonchelo, piano e percusión
Bernardo Barros Nova obra**
saxofón, violonchelo, piano, percusión e electrónica
Marc Antoine Chevere Nova obra**
saxofón, violonchelo, piano, percusión e electrónica
Programa de man

Coordinación : Virginia Villar





Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal