Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2012

18 de maio - 27 de novembro

MÚSICA E ARTE. CORRESPONDENCIAS SONORAS 2012

O ciclo Música e arte: correspondencias sonoras continúa o seu diálogo entre a música e a arte do noso tempo a partir das exposicións que cada tempada desenvólvense no CGAC, centro que en 2012 constitúese nun verdadeiro espazo de creación musical. Vertixe Sonora, a ensemble encargada de organizar o ciclo, comisiona novas creacións a compositores de prestixio do panorama internacional coa premisa de transitar polas encrucilladas propostas polo Centro Galego de Arte Contemporánea. Nesta relación entre música e arte conviven creadores de diferentes nacionalidades e culturas, e teñen cabida todas as expresións creativas actuais. O obxectivo é coñecer de primeira man as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.
O ciclo iníciase o Día Internacional dos Museos cun concerto extraordinario de presentación, A inspiración da luz, que servirá de preámbulo a outros catro concertos con trece estreas absolutas e diversas actividades paralelas.
Obras e artistas da Colección Fundación Helga de Alvear incluídos na (León-Guanajuato, México, 1978), Hernández Ramos (México DF, México, 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do segundo concerto do ciclo baixo o título A colección. Completarase o programa coas presentacións en España de Dmitri Kourliandski (Rusia, Moscova, 1976) e Nadir Vassena (Balerna, Suíza, 1970).
Tempo, infinito, repetición e presenza son os catro conceptos esenciais na obra da artista Esther Ferrer que poderá verse no CGAC. O título da exposición, En catro movementos, serve tamén de referencia a un espectáculo no que estes conceptos son manexados desde un plano musical e persoal polos compositores Teresa Carrasco (Oviedo, España, 1980), Sivan Cohen (Xerusalén, Israel, 1976), Marco Marinoni (Monza, Italia, 1974) e Oriol Saladrigues (Barcelona, España, 1978).
A obra de Fernando Casás e a súa vinculación co land art terá dobre presenza neste ciclo. Primeiramente De paisaxes, paseos e arqueoloxías sonoras..., un concerto de música electrónica comisariado polo artista sonoro e compositor Anxo Faraldo (Ferrol, España, 1980); e pechando o ciclo, Efémero, cinco creacións realizadas a partir da obra de Casás polos compositores Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias polos compositores Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1980), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Mathias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978).
Folleto da actividade

PROGRAMA
Os concertos terán lugar no auditorio  do CGAC ás 20:30 h
(excepto o do 18 de mayo). A entrada é de balde e ata completar plazas.

18 DE MAIO
A inspiración da luz. Vertixe Sonora
Pierre Jodlowski Time & Money (2006)
percusión, vídeo e electrónica
Giorgio Netti .. intuire lana dispiegata forma della luce .. (1999)
saxofón soprano
Este concerto, organizado en colaboración co Museo do Pobo Galego, comezará ás 22:45 h.
Programa de man

5 DE XUÑO
A colección. Vertixe Sonora
Dmitri Kourliandski Danc[y]inG* (2004)
flauta, saxofón, viola e percusión
Nadir Vassena mutti inverni dell’anima* (2006)
flauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión
González Compeán Nova obra**
percusión
Hernández Ramos Nova obra**
flauta, viola e percusión
Ramón Souto Nova obra**
flauta, saxofón, viola, guitarra eléctrica e percusión
Programa de man

25 DE SETEMBRO
En catro movementos: tempo infinito repetición presenza.
Vertixe Sonora Teresa Carrasco Nova obra**
saxofón, piano e electrónica
Marco Marinoni Nova obra**
clarinete, saxofón, violonchelo e electrónica
Oriol Saladrigues Nova obra**
saxofón y violonchelo
Sivan Cohen Nova obra**
clarinete, saxofón, violonchelo, piano e electrónica
Programa de man

6 DE NOVEMBRO
De paisaxes, paseos e arqueoloxías sonoras... Concerto de música electrónica
comisariado polo compositor e artista sonoro Ángel Faraldo
Programa de man

27 DE NOVEMBRO
Efímero. Vertixe Sonora
Alexander Khubeev Nova obra**
saxofón, contrabajo, piano e percusión
Simone Movio Nova obra**
saxofón, piano e percusión
Jacobo Gaspar Nova obra**
saxofón, contrabajo, piano e percusión
Esaias Jarnegard Nova obra**
saxofón, guitarra eléctrica e percusión
Mathias Kranebitter Nova obra**
saxofón, contrabajo, guitarra eléctrica, piano e percusión
*Presentación en España / **Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora
Programa de man

VERTIXE SONORA ENSEMBLE: Alessandra Rombolá flautas / Joaquín Meijide clarinete
bajo / Pablo Coello saxofones / Rubén Barros guitarra eléctrica / Anne
Schlossmacher viola / Thomas Piel violonchelo / Carlos Méndez contrabajo /
Diego Ventoso percusión / David Durán piano / Ángel Faraldo electrónica
DIRECCIÓN DEL CICLO: Pablo Coello
COORDINACIÓN: Cristina Trigo
CGAC
SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS
Rúa Ramón del Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org
D.L.: C 931-2012
Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal