Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
TALLERES DE NADAL 2017

28 de decembro - 5 de xaneiro 2018

TALLERES DE NADAL 2017

Durante as vacacións de nadal o CGAC acolle dous talleres dirixidos a nenos e nenas arredor da suxestiva exposición «Y», do artista Álvaro Negro. Unhas actividades dirixidas aos máis pequenos coas que poderán experimentar e explorar a arte contemporánea. Un tempo para coñecer e mergullarse nos procesos creativos a través das linguaxes, soportes, materiais, técnicas e conceptos propios da arte máis actual.

Para os máis novos, Adrián Taracido deseñou un obradoiro arredor da materia, as texturas e a pegada. Lara Torres traballará coa natureza como escenario de cambios lumínicos, cromáticos, climáticos e ambientais cos nenos e nenas de 7 a 9 anos.

Texturas

28 e 29 de decembro de 2017

Dirixido e impartido por Adrián Taracido (licenciado en Belas Artes)

Idade: 4 a 6 anos

Prazas: 15

Horario: 11:00-12:30 h

A través da técnica tradicional do modelado experimentaremos os procesos

polos que atravesan os materiais, os seus diferentes estados, a súa resistencia

e fraxilidade, e observaremos o seu comportamento coa nosa interacción.

Crearemos superficies nas que iremos incorporando pigmentos, elementos

orgánicos e as nosas propias pegadas. Formas creadas coas nosas mans que

irán compoñendo un manto de texturas a base de capas, cores e o uso de

materiais como a escaiola e a plastilina.

A túa natureza, a túa luz

4 e 5 de xaneiro de 2018

Dirixido e impartido por Lara Torres (licenciada en Belas Artes)

Idade: 7 a 9 anos

Prazas: 15

Horario: 11:00-13:00 h

Logo de visitar a exposición de Álvaro Negro os nenos e nenas traballarán a

partir dun escenario creado por eles mesmos. Con materiais de diversa

procedencia construirán a maqueta dun espazo natural fantástico. Explorarán

o impacto das luces e as sombras sobre as formas, as cores e as diferentes

opacidades e texturas dos materiais empregados no seu deseño. As súas

paisaxes irán experimentando cambios e tomando vida propia atendendo aos

ritmos das estacións, dos días e dos fenómenos atmosféricos.

INSCRICIÓN

Os talleres son gratuítos.

As solicitudes de inscrición poderán presentarse a partir do 4 de decembro enviando unha mensaxe de correo electrónico a

cgac.pedagogia@xunta.gal.

As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos:

nome completo e idade dos nenos e/ou nenas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e nome do taller no que desexan participar.

Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude.

Os asistentes deberán traer roupa e calzado axeitados para a choiva e que se poidan manchar. 

COORDINACIÓN: Gema Baños e Virginia Villar

Folleto da actividade





Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal