Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLER CLAUDIO ZULIAN. O CORPO E O TERRITORIO

21 - 25 maio 2018

TALLER CLAUDIO ZULIAN. O CORPO E O TERRITORIO

Desde hai dúas décadas Claudio Zulian desenvolve un intenso labor de creación e reflexión arredor da cuestión do territorio, entendido como aquela parte do mundo que experimentan de maneira concreta os grupos, as sociedades e os individuos. As súas instalacións visuais e sonoras, películas, fotografías, poemas, prosas e ensaios exploran a densidade e a complexidade dos territorios tal e como son producidos, definidos e vividos na actualidade.

Moitas das obras de Claudio Zulian supoñen un longo período de preparación no que o artista explora textos e imaxes referidos a un determinado lugar, mergullándose tamén en todo tipo de arquivos públicos e privados —fotográficos, legais, audiovisuais, bibliográficos, urbanísticos etc.— que se poidan referir a el. Ademais, durante a preparación, organízanse encontros con asociacións, grupos e persoas. A escoita dos múltiples discursos, íntimos ou expertos, que entretecen o día a día do territorio é un trazo fundamental a miúdo reflectido no resultado final da obra.

Finalmente, a obra mesma é concibida como un dispositivo para diseminar novas experiencias do territorio: desde unha íntima devolución local ata a difusión nas redes globais da nosa contemporaneidade.

O SEMINARIO

O seminario O corpo e o territorio supón un achegamento ao territorio a través da súa historia, as súas memorias e os seus afectos na era do hiperdesenvolvemento tecnolóxico.

Exploraranse cuestións teóricas e prácticas da produción artística que teñen o territorio como fundamento e obxectivo.

O seminario terá unha duración de 20 horas, repartidas en sesións de 4 horas durante 5 días. Cada sesión dividirase en dúas partes.

Na primeira parte, a partir da análise dalgunhas obras e dos procesos de estudo e creación que supuxeron, Claudio Zulian exporá métodos e problemáticas que permiten diferentes formas de achegamento ao territorio. Abordaranse cuestións artísticas, filosóficas, literarias, históricas e urbanísticas que permiten entender creacións e que permiten entender creacións e mutacións do que chamamos territorio. mutacións do que chamamos territorio.

Na segunda parte de cada sesión, os asistentes serán invitados a concibir e a levar a cabo un proxecto artístico ou teórico persoal relacionado cun territorio libremente escollido. Cada proxecto será discutido no propio seminario para profundar así nas diferentes temáticas que os asistentes aborden.

CLAUDIO ZULIAN (Campodarsego, Padua, Italia)
Reside en Barcelona. É doutor en Estética, Ciencia e Tecnoloxía das Artes pola Universidade de París-Saint Denis. É autor dunha obra multiforme que abarca o cine, a televisión, as artes visuais, a música, o teatro e a literatura. Unha parte importante da súa obra caracterízase por unha sensibilidade cara ao social e político, e a busca da especificidade en cada medio en que traballa. Impartiu cursos, talleres e conferencias en diferentes universidades e centros culturais e artísticos. Ademais, escribe regularmente en revistas e xornais.

Máis información en www.claudiozulian.com.

Folleto da actividade

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal