Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Vimeo Instagram rss
CANLES ALTERNATIVAS DE CREACIÓN. UNHA APROXIMACIÓN CRÍTICA

26 de maio 2011

CANLES ALTERNATIVAS DE CREACIÓN. UNHA APROXIMACIÓN CRÍTICA

JOSÉ LUIS MOLINUEVO. Catedrático de Estética e Teoría da Arte da Universidade de Salamanca, e doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou varias estadías de investigación e ampliación de estudos nas universidades de Bonn e Heidelberg. Foi vicerreitor da Universidade de Salamanca e, na Fundación Ortega y Gasset, director do centro e da Revista de Estudios Orteguianos e membro do consello de redacción de Revista de Occidente. O seu labor docente céntrase na estética das creacións literarias (foi crítico literario) e na estética das novas tecnoloxías. Relacionados con estas materias publicou diversos traballos. No seu labor investigador ocúpase das transformacións da estética na época contemporánea, especialmente na estética das novas tecnoloxías, desde a perspectiva dun humanismo tecnolóxico latino na crise da modernidade. Publicou ademais, entre outros, os libros: La experiencia estética moderna (1998), Estéticas del naufragio y de la resistencia (2001) e La estética de lo originario en Junger (1994), El espacio político del Arte (1998), Para leer a Ortega (2002), Humanismo y nuevas tecnologías (2004) ou La vida en tiempo real. La crisis de las utopías digitales (2004).


JUAN LUIS MORAZA. Recoñecido artista, doutor en Belas Artes pola Universidade do País Vasco e profesor titular da Facultade de Belas Artes de Vigo. Foi profesor invitado na École de Beaux Arts de Marsella, na Facultade de Belas Artes de Cuenca, no Instituto de Estética de Madrid, etc. Publicou os libros Laboratorio de papeles (2006), MA (non É) DONNA. Imágenes de creación, procreación y anticoncepción, (1993), Seis sexos de la diferencia (1990) e numerosos ensaios en libros de colaboración, revistas especializadas, catálogos e periódicos. Coordinou a sección de humor e pasatempos da revista Acción Paralela. Na súa actividade artística ocúpase do problema do pedestal ou do significado etimolóxico da palabra estatua; ten reflexionado así sobre o
status, a estatura e a éxtase como formas de presentarse da estatua. É membro fundador de CVA (1979-1985), e realizou exposicións individuais ademais de participar en colectivas desde 1980. En 2007 foi comisario da mostra Incógnitas: cartografías del arte contemporáneo en Euskadi no Museo Guggenheim de Bilbao.


MARIANO H. DE OSSORNO. Poeta e artista visual e, en ocasións, editor e crítico de arte (Archipiélago, Diario de Granada). Introduciu, con Ignacio Gómez de Liaño e Luis Castro Nogueira, a investigación sobre a historia da espacialidade como experiencia social (cognitiva, estética e política) en España. Na actualidade mantén en activo os proxectos Biblioteca Desfavorable e Residencial Desfavorable (con presenza en Madrid, Bilbao, Navarra e Cádiz) e coordina o CIRTP. Entre as súas publicacións, destacan o libro de poesía Usos del diccionario (1975), Dichos y refranes taurinos (1988), e os ensaios Revuelta y litigios de los villanos de la encomienda de Fuenteobejuna (1476) (1976) e Ensayo general para un ballet anarquista (colaboración con Luis Castro Nogueira, 1986).


JUAN MARTÍN PRADA. Profesor titular na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Cádiz, e doutor pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre recepción estética e teoría da posmodernidade. Autor de artigos e ensaios sobre teoría da arte contemporánea e dos libros La apropiación posmoderna. Arte, práctica apropiacionista y teoría de la posmodernidad (2001) e Las nuevas condiciones del arte contemporáneo (2003). Asinou tamén diversos textos para catálogos de exposicións e libros colectivos. Colaborou en revistas como EXIT, EXIT Books, Estudios visuales, Fibreculture-The Journal, REIS, Red Digital, Papiers d’art, A mínima, Temps d’art, Transversal, ou o suplemento Cultura/s de La Vanguardia, entre outras publicacións. Entre
2004 e 2005 foi membro da Comisión de Humanidades e do Grupo Arte- Ciencia-Tecnología da FECYT. Dirixe a plataforma Inclusiva-net , dedicada á investigación, documentación e difusión da teoría da cultura das redes. Foi comisario das mostras de net.art Vínculo-a. Políticas de la afectividad, estéticas del biopoder (MediaLabMadrid) e Donde y durante (Noche en Blanco, Madrid, 2006).


PROGRAMA
Xoves, 26 de maio
11:00 h A academia alternativa. Juan Luis Moraza
12:00 h De artes, de espazos, de tempos: xenealoxías alegóricas da creación social. Mariano H. de Ossorno
16:00 h A complexidade estética como alternativa nos novos medios. José Luis Molinuevo
17:00 h Internet como contexto específico para a creación artística. Juan Martín Prada
18:00 h Mesa redonda e debate en que participarán Juan Luis Moraza, Mariano H. de Ossorno, José Luis Molinuevo, Juan Martín Prada, Javier Tudela, Ignacio Pérez-Jofre e Antonio Fernández de la Rota. Moderador: Miguel Anxo Rodríguez.


DESTINATARIOS
Estudantes e profesionais dos ámbitos da creación artística, historia da arte e xestión cultural.


INSCRICIÓN
As solicitudes para asistir ao seminario pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos ou ben a través do correo electrónico cgac.actividades@xunta.es indicando os seguintes datos do candidato: nome, enderezo postal e electrónico, teléfono de contacto e ámbito de estudo ou de traballo. O prazo de inscrición rematará cando se cubran as prazas.


PRAZAS
Dispoñibles até completar a capacidade. Matrícula gratuita

DIRECCIÓN: Federico López Silvestre, Pedro de Llano e Javier Tudela, integrantes do grupo de investigación Canles Alternativas de Creación Experimental. O eixe Atlántico 1975-2010 dirixido por María Luisa Sobrino da Universidade de Santiago de Compostela.


COORDINACIÓN: Daniel López Abel (USC), Cristina Trigo (CGAC).

 

Descargar folleto

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal