Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2018

15 maio - 18 decembro 2018

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS 2018

A celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) serve unha vez máis como punto de partida do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.

A identidade do ciclo constitúea a creación musical xerada a partir das exposicións do CGAC e esta nova edición incorpora actividades didácticas coa realización de ensaios xerais abertos a escolares e actividades específicas para estudantes de música, xunto aos habituais ensaios abertos ao público e as conversas cos compositores.

Neste percorrido de oitenta estreas absolutas comisariadas por Vertixe Sonora ata o momento, a edición do 2018 inclúe trece novas obras de compositores procedentes de Alemaña, Arxentina, Canadá, Colombia, España, Estados Unidos, Israel, Italia, México e Rusia.

O ciclo iniciase co magnetismo dun concerto que utiliza elementos teatrais e visuais a través das obras de Teresa Treccozzi (Italia, 1981) e Giovanni Santini (Italia, 1986).

O palacio das tres historias, do artista Carlos Garaicoa, a súa contemplación “das cidades, da arquitectura e dos soños subxacentes”, servirá de inspiración para os compositores Hache Costa (España, 1980), Leonardo Idrobo (Colombia, 1977), Valentín Pelisch (Arxentina, 1983) e Jacques Zafra (México, 1986), incluídos no segundo concerto.

As relacións das series de conceptos memoria/historia/pasado e paisaxe/lugar/xeografías, presentes na exposición Xeografía do tempo dos artistas Bleda y Rosa, son os referencias das composicións de Victoria Cheah (Estados Unidos, 1988), Ben Davis (Estados Unidos, 1992), Marta Gentilucci (Italia, 1973) e Or Shemesh (Israel/Alemaña, 1981), que serán estreadas no terceiro concerto.

PROGRAMA

15 DE MAIO  Celebración do Día Internacional dos Museos (DIM)

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares

19:30-20:00 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO MAGNETISMO

Programa de man

Teresa Treccozzi (Italia, 1981) Sonata magnética (2014) Saxofón, guitarra eléctrica, piano, percusión, obxectos Giovanni Santini (Italia, 1986) Your Body... Your Voice* (2016) Piano, 3 intérpretes, 24 imáns de canto de cascabel

19 DE XUÑO 

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares 

19:30-20:15 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO EL PALACIO DE LAS TRES HISTORIAS, SOBRE A EXPOSICIÓN DE CARLOS GARAICOA
Leonardo Idrobo 1
(Colombia, 1977) Nova obra** (2018) Saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica Hache Costa (España, 1980) Nova obra** (2018) Saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica Valentín Pelisch (Arxentina, 1983) Nova obra** (2018) Saxofón, violonchelo, piano, percusión
Jacques Zafra (México, 1986) Nova obra** (2018) Saxofón, violonchelo, piano, electrónica

30 DE OUTUBRO

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares

19:30-20:15 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO XEOGRAFÍA DO TEMPO, SOBRE A EXPOSICIÓN DE BLEDA E ROSA

Victoria Cheah (Estados Unidos, 1988) Nova obra** (2018) Frauta, saxofón, piano, percusión
Marta Gentilucci (Italia, 1973) Nova obra** (2018) Frauta, saxofón, violín, viola, violonchelo, piano, percusión Ben Davis (Estados Unidos, 1992) Nova obra** (2018) Frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano, percusión
Or Shemesh (Israel/Alemaña, 1981) Nova obra** (2018) Frauta, saxofón, cuarteto de corda, piano, percusión

18 DE DECEMBRO

12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares

19:30-20:15 h Conversa cos compositores

20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música

20:30 h CONCERTO - EXPOSICIÓN JULIÃO SARMENTO

Lesley Hinger (Canadá, 1983) Nova obra** (2018)
Frauta, saxofón, violín, violonchelo, piano, percusión
Christian Märkl (Alemaña, 1979) Nova obra** (2018)
Frauta, saxofón, violín, violonchelo, electrónica
Dariya Maminova (Rusia, 1988) Nova obra** (2018)
Frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica
Daniel James Miller (Estados Unidos, 1989) Nova obra** (2018) Frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica

*Estrea absoluta / **Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora

ENSAIOS ABERTOS COS COMPOSITORES

O PALACIO DAS TRES HISTORIAS. 17 de xuño de 12:00 a 14:00 h

XEOGRAFÍA DO TEMPO. 7 de outubro de 12:00 a 14:00 h

JULIÃO SARMENTO. 16 de decembro de 12:00 a 14:00 h

VERTIXE SONORA: Clara Saleiro frauta / Pablo Coello saxofón / Roberto Alonso e Mario Peris violín / Lorena García viola / Thomas Piel violonchelo / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo e Juanma Lodo electrónica e difusión multimedia // Pablo Coello dirección musical / Ramón Souto dirección artística.


CGAC
DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES E EDUCACIÓN
Rúa Ramón del Valle Inclán 2,

15703 Santiago de Compostela

Tel.: 981 546 602 /cgac.educacion@xunta.gal / ww.cgac.xunta.gal


1Co apoi de Pro Helvetia




Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal