Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
EN PROCESO: O TRABALLO POR PROXECTOS A PARTIR DAS OBRAS DE MUNTADAS

28 abril 2018

EN PROCESO: O TRABALLO POR PROXECTOS A PARTIR DAS OBRAS DE MUNTADAS

Traballaremos con algunhas ferramentas propias da arte contemporánea como a reutilización de imaxes, os mapas, os arquivos, as instrucións ligadas á performance e ás estratexias espaciais. Centrarémonos nos proxectos sobre procesos sociais como a inmigración, as fronteiras e os refuxiados buscando afondar no traballo de distintos colectivos para enlazar finalmente con propostas biográficas ligadas á arte contemporánea. 

1.- A paisaxe e a mirada. Alén dos estereotipos

2.- Derivas urbanas e non tan urbanas. A reflexión sobre o noso contexto máis próximo: o cotián, o urbanismo e o espazo público 

3.- En proceso. Os procesos do traballo na arte contemporánea, a investigación que hai detrás do obxecto artístico e o táctil

4.- A arte require implicación. A mirada activa e o activismo

5.- O medo. A outredade e o diálogo

Empregaremos imaxes procedentes de arquivos e medios audiovisuais e tomaremos como referencia libros de artista, fanzines e novelas gráficas.


SILVIA GARCÍA GONZÁLEZ (Cangas do Morrazo, 1973)

É doutora en Belas Artes, artista visual, profesora de Belas Artes da Universidade de Vigo e, na actualidade, decana na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 

Como artista levou a cabo intervencións como A cidade dende dentro e A cidade dende fóra, na biblioteca da Facultade de Filosofía da USC e nunha escola abandonada en Bueu. No Museo de Arte Contemporáneo da Coruña participou na exposición Relatos privados e espazos públicos e na exposición Hacer, diseñar, pensar do Museo de Artes Decorativas de Madrid.

Entre os seus proxectos artísticos máis recentes destacan Rastro material e Relecturas da feminidade.


OBXECTIVOS

" http:="" cgac.xunta.gal="" admin="" plugins="" elrte="" images="" pixel.gif"="" title="" rel="media14902313385998078" width="150" height="100" style="font-weight:normal">O obxectivo deste curso é a creación de espazos comúns entre os eidos da arte e da educación, converter a educación artística nun eixo aglutinador e empregar a arte contemporánea como recurso educativo fomentando deste xeito a aprendizaxe, a experimentación e o diálogo.

DESTINATARIOS

O taller está dirixido a profesores de educación primaria e secundaria.

INSCRICIÓN As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico antes do 25 de abril ao enderezo cgac.pedagogia@xunta.gal. As solicitudes deberán incluír os seguintes datos: nome completo, enderezo electrónico e teléfono de contacto da persoa que desexa participar. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán un correo electrónico de confirmación.

PRAZAS: 20 MATRÍCULA: De balde

CERTIFICACIÓN

O CGAC entregaralles un certificado ás persoas que asistan á totalidade das sesións.

COORDINACIÓN: Gema Baños

Folleto da actividade




Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal