Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2018

6 - 29 de xuño 2018

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2018

Do mércores 6 ao venres 29 de xuño, os amantes da música de culto e de vangarda poderán gozar dun completo programa de concertos, conferencias e espectáculos en diferentes espazos da cidade.  Baixo o título “Música, Emoción e Memoria” a proposta deste ano celebra a pegada e a obra de Enrique Xerardo Macías (1958 - 1995), compositor vigués que abriu a música galega a outras sonoridades e formou parte dos fundadores deste certame en 1987. No 60 aniversario do nacemento de Macías, as XMC’18 honran o labor deste autor curioso e enérxico que se conta entre os xenios da súa xeración e que, malia ter finado antes de cumprir 40 anos, serviu e segue a servir de modelo para figuras emerxentes da composición galega.

Ademais, a programación conmemora outras figuras e acontecementos de fonda relevancia na escena internacional e na contorna musical galega, como o centenario do pasamento de Claude Debussy (1862-1918), o 170 aniversario da Banda Municipal de Música de Santiago, o 70 aniversario da Banda Municipal da Coruña, ou a visita  a Galicia do Pergamiño Vindel musicado por Martín Codax. Ao tempo, poñen o foco na visibilización do labor e a valía das mulleres na música, para contribuír á consolidación e normalización da presenza feminina en todos os ámbitos da sociedade. 

Programación CGAC

Mércores 6 xuño 

19:30 h Inauguración 
60 aniversario Enrique X. Macías (1958 – 1995)
E. X. Macías, unha perspectiva persoal

Manuel Bragado, editor
 Carlos Villanueva, profesor de musicoloxía da USC
 Javier Macías, irmán de Enrique X. Macías Modera: Mercedes Rosón, subdirectora da área de cultura da USC.

20:30 h
 Isabel Pérez Dobarro, piano Sonata

Mércores 20 xuño

19:30 h Conferencia Nicasio Gradaille
 A visión para piano de John Cage (1912–1992)

Luns 25 xuño 

19:00 h
 60 aniversario Enrique X. Macías (1958 – 1995) Macías e Portugal: unha ollada próxima

Manolo Romón, actor, presentador e escritor Pedro Amaral, compositor e director de orquestra Javier Macías, irmán de Enrique X. Macías Modera: Paco Yáñez, crítico de mundoclásico

20:30 h Vertixe Sonora Pedro Amaral, director Itinerario de Luz

 

Programa


Reseña de Ramón G. Balado  “VII Xornadas de Música Contemporánea”- “A Escola na Cidade”  



Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal