Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLERES DE LECER 2018

2 - 20 xullo 2018

TALLERES DE LECER 2018

Chega o verán e con el os nosos talleres para o tempo de lecer. Nesta edición, o CGAC programa talleres destinados desde ao público máis novo ata ao público adulto.

Abordaremos disciplinas como a escultura, a arquitectura, a acción e a videocreación en diversos talleres, dirixidos por profesionais de ámbitos como o teatro, as artes plásticas, a educación artística e a performance. Con eles e elas trataremos de coñecer, experimentar e crear cos múltiples soportes, linguaxes, técnicas e conceptos da arte máis actual.

Para desenvolver as actividades aproveitaremos espazos da arquitectura de Álvaro Siza e da contorna, como a cuberta do edificio, os xardíns do parque de Bonaval e as rúas de Compostela.

Verde é vídeo. Taller audiovisual

Dirixe: Alberto Vázquez e Carina Moreira (Asociación Espacio Rojo), educadores e artistas

Do 2 ao 4 de xullo

Horario: de 11:00 a 13:30 h

Idade: de 10 a 12 anos 

Prazas: 15

“A mellor parte da beleza é a que un retrato non pode explicar”, Francis Bacon.

Verde é vídeo pretende achegarlles aos nenos e ás nenas que participen no taller un coñecemento básico da creación audiovisual e do concepto de (autor)retrato. Neste tallerenprocesoabordaremosestestemasapartirdocorpocomopaisaxee metáfora, como creación do eu e do outro. Traballaremos desde a natureza propia do vídeo a noción do tempo e a súa manipulación, a representación da realidade e a ilusión óptica.

Atención equilibrio! Taller de escultura

Dirixe: Mirari Urruzola, artista e educadora 

5 e 6 de xullo

Horario: de 11:00 a 12:30 h

Idade: de 4 a 6 anos

Prazas: 15

Partiremos da obra de artistas do noso tempo, como Antony Gormley e Lygia Clark, para achegarnos á plástica tridimensional desde diferentes ópticas e traballaremos conceptos básicos, como o volume e o equilibrio.

O uso do noso propio corpo serviranos de ensaio e de bosquexo para modelarmos despois a materia. Estudaremos a figura humana de xeito individual e cando forma grupos e multitudes. Prestarémoslles atención ás diferentes partes do corpo e aos pensamentos, a identidade, os desexos... Para traballarmos a ensamblaxe empregaremos diferentes caixas de mistos, convertidas en módulos para a construción de pezas con volume, ocos, cores e formas diversas.

Polas nubes. Taller urbanístico

Dirixe: Lara Torres, educadora e artista Do 10 ao 13 de xullo

Horarios: de 11:00 a 13:00 h

Idade: de 7 a 9 anos

Prazas: 15

Neste taller partiremos de En construción, unha mostra do CGAC na que se reflexiona sobre a arte e a arquitectura ao longo do século XX. Veremos e conversaremos sobre as obras de trece artistas que crean arredor da nosa relación co espazo, a paisaxe e a casa.

Quen participe nesta actividade poderán construír un mundo ao seu antollo. Unha cidade nun medio estraño, sen alicerces, sen referentes, sen pasado. Un barrio no que vivir e convivir. Serán casas e lugares colgantes; un mundo no aire, unha fantasía no ceo.

Facer dúas veces. Taller de acción

Dirixe: Fermín Jiménez Landa, artista

Do 16 ao 20 de xullo

De luns a venres de 10:00 a 14:30 h

Mércores e xoves de 10:00 a 14:30 h e de 16:00 a 19:30 h

Para artistas, estudantes de BBAA, estudantes ou profesionais das artes escénicas, antropoloxía, socioloxía ou calquera persoa interesada na temática proposta.

Prazas: 15

Un taller no que as persoas participantes terán a oportunidade de repetir obras míticas de acción da Historia da arte contemporánea polas rúas de Compostela. Poremos en práctica a bricolaxe artística colectiva. Darémoslles unha segunda vida a diversas accións que xiran arredor de reflexións sobre a vida cotiá, dos ritos, do temporal, do procesual, do ausente, do presente, das convencións e dos límites no espazo público ou da convivencia nas cidades.

INSCRICIÓN

Todos os talleres son de balde.

As solicitudes de inscrición poderán presentarse a partir do 6 de xuño a través do enderezo electrónico cgac.pedagogia@xunta.gal e deberán conter os seguintes datos: nome completo e idade da persoa ou persoas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e título do taller no que desexan inscribirse.

Só se admitirán as solicitudes que estean debidamente cumprimentadas.

Para participar nos talleres é imprescindible ter a idade sinalada. Poderase inscribir un máximo de dous participantes por solicitude. O CGAC confirmarámedianteuncorreoelectrónico a recepción e o estado das inscricións.

Coordinación: Gema Baños, Virginia Villar

Folleto da actividade





Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal