Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
III CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS

29 de novembro- 1 de decembro 2018

III CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS

FUGAS E INTERFERENCIAS III. CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN 

O terceiro congreso sobre arte de acción Fugas e interferencias, organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2018 na Casa das Campás (Pontevedra) e no CGAC (Santiago de Compostela). 

O obxectivo fundamental do congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

Comité Organizador: Alba Blanco (Universidade de Vigo), Dra. Marta Pol Rigau (Universidade de Vigo), Dr. Carlos Tejo (Universidade de Vigo)

Comité Científico: Alba Blanco. Universidad de Vigo (España), Dra. Rita Castro Neves. Universidad de Oporto (Portugal), Dra. Cecilia Perea. Universidad de Patagonia (Argentina), Dr. David Pérez. UPV, Valencia (España), Dr. Miguel Molina. UPV, Valencia (España), Dra. Marta Pol Rigau. Universidad de Vigo (España), Dr. Artur Tajber. Universidad de Cracovia (Polonia), Dr. Carlos Tejo. Universidad de Vigo (España), Dra. Judit Vidiella. Universidad de Girona (España).

CHAMADA DE TRABALLOS

A convocatoria para a presentación de traballos está aberta a artistas, teóricos/as e estudantes, que poderán presentar publicamente as súas investigacións arredor da arte de acción desde unha posición aberta que presente múltiples perspectivas.

As comunicacións presentadas ao congreso deben ser orixinais e inéditas e non poderán estar pendentes de publicación. O comité científico do congreso non aceptará aquelas comunicacións que non cumpran os criterios de publicación aquí expresados.

As persoas que desexen participar deberán suscitar unha reflexión que reflicta un estado de innovación na investigación teórico-crítica da linguaxe da arte de acción e ofrecer hipóteses que nos axuden a anticipar o seu futuro.

As propostas de comunicacións seleccionadas deberán abordar algún destes eixos temáticos que estruturan o congreso:

1. A reflexión teórica arredor da arte de acción. Este apartado procurará contrastar as distintas aproximación teóricas sobre a arte de acción para darlles visibilidade e para poder construir un marco teórico con-textual. 

2. A acción e as súas interseccións. Trátase de investigar o carácter híbrido da arte de acción e cómo esta práctica evoluciona ata incorporar estratexias do teatro contemporáneo, a videoarte, a danza, etc.

3. As posibles interaccións entre a arte de acción e o contexto político. Plantéxase investigar cómo a arte de acción, desde enfoques e posicións moi diversas, poden traspasar os límites de poder establecido/ dominante para xerar un discurso estético máis alá dos antagonismos. Entre outras aproximacións, prestaremos especial atención á natureza da arte de acción desde unha perspectiva de xénero, teoría e arte feminista e/ ou queer. 



Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal