29 novembro- 1 decembro 2018
III CONGRESO DE ARTE DE ACCIÓN. FUGAS E INTERFERENCIAS
As comunicacións presentadas ao congreso deben ser orixinais e inéditas e non poderán estar pendentes de publicación. O comité científico do congreso non aceptará aquelas comunicacións que non cumpran os criterios de publicación aquí expresados.
As persoas que desexen participar deberán suscitar unha reflexión que reflicta un estado de innovación na investigación teórico-crítica da linguaxe da arte de acción e ofrecer hipóteses que nos axuden a anticipar o seu futuro.
As propostas de comunicacións seleccionadas deberán abordar algún destes eixos temáticos que estruturan o congreso:
1. A reflexión teórica arredor da arte de acción. Este apartado procurará contrastar as distintas aproximación teóricas sobre a arte de acción para darlles visibilidade e para poder construir un marco teórico con-textual.
2. A acción e as súas interseccións. Trátase de investigar o carácter híbrido da arte de acción e cómo esta práctica evoluciona ata incorporar estratexias do teatro contemporáneo, a videoarte, a danza, etc.
3. As posibles interaccións entre a arte de acción e o contexto político. Plantéxase investigar cómo a arte de acción, desde enfoques e posicións moi diversas, poden traspasar os límites de poder establecido/ dominante para xerar un discurso estético máis alá dos antagonismos. Entre outras aproximacións, prestaremos especial atención á natureza da arte de acción desde unha perspectiva de xénero, teoría e arte feminista e/ ou queer.