Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
CURSO DE CINEMA. OS AMORES DIFÍCILES. O MELODRAMA NO CINEMA

10 outubro - 19 decembro 2018

CURSO DE CINEMA. OS AMORES DIFÍCILES. O MELODRAMA NO CINEMA

Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h

Desde que o cinema comezou a contar historias, o centro de atracción de infinidade de películas, independentemente do xénero ao que pertenzan, ocupouno a inevitable historia de amor. O corpo e o rostro das stars convertéronse no centro de atracción da pantalla, en obxectos de admiración para cineastas e espectadores. Pero, coa chegada da modernidade, a parella de amantes que tantas películas protagonizara entrou en crise; e o seu conflito encarnou outro máis profundo: o das imaxes e sons do cinema cuxo venerable matrimonio estaba a ser cuestionado polos novos cinemas. Foi a fin do idilio. A fractura das grandes historias de amor e a posta en cuestión do seu necesario final feliz foron tamén os do cinema moderno respecto das estruturas clásicas.

Os amores difíciles deste curso serán tamén, xa que logo, os do cinema: o amor do cineasta polo seu oficio, polo corpo ou o rostro dun actor ou dunha actriz, ou o amor do espectador ante un primeiro plano da súa estrela favorita (o que  Serge  Daney chamaba o encantamento, o pracer e a fascinación da mirada).

Neste curso os corpos, a pel, o carnal e o pulsional ocuparán sempre o primeiro plano a través de sesións dedicadas xenericamente a cineastas, pero tamén a actrices e actores: Leo McCarey, Setsuko Hara e Yasujirô Ozu, Nicholas Ray, Max Ophüls, Marilyn Monroe, Elia Kazan e Barbara Loden, John Cassavetes e Gena Rowlands, Richard Linklater, Pedro Almodóvar e Terence Davies.

10 outubro  Leo McCarey

Aventura de amor (Love Affair, 1939) / Unha aventura memorable (An Affair to Remember, 1957)

17 outubro  Setsuko Hara e Yasujirô Ozu

Primavera serodia (Banshun, 1949) / O tempo da colleita (Bakushû, 1951) / Outono serodio (Akibiyori, 1960)

24 outubro  Nicholas Ray

Viven de noite (They Live by Night, 1948) / Nun lugar solitario (In a Lonely Place, 1950) / Johnny Guitar (Nicholas Ray, 1954)

31 outubro Max Ophüls

A rolda (Max Ophüls, 1950) / O pracer (Max Ophüls, 1952) / Madame de… (Max Ophüls, 1953)

7 novembro Marilyn Monroe

Niágara (Henry Hathaway, 1953) / Río sen retorno (Otto Preminger, River of No Return, 1954) / Os inadaptados (John Huston, The Misfits, 1961)

21 novembro     Elia Kazan e Barbara Loden

Río salvaxe (Elia Kazan, 1960) / Esplendor na herba (Elia Kazan, 1961) / Wanda (Barbara Loden, 1970)

28 novembro     John Cassavetes e Gena Rowlands

Faces (John Cassavetes, 1968) / Unha muller baixo a influencia (John Cassavetes, A Woman Under the Influence, 1974) / Noite de estrea (Opening Night, 1977) / Correntes de amor (John Cassavetes, Love Streams, 1984)

5 decembro Richard Linklater            

Antes do amencer (Before Sunrise, 1995) / Antes do solpor (Before Sunset, 2004) / Antes da media noite (Before Midnight, 2013)

12 decembro     Pedro Almodóvar

Os abrazos rotos (Los abrazos rotos, 2009) / A pel que habito (La piel que habito, 2011) / Julieta (2016)

19 decembro     Terence Davies            

The Deep Blue Sea (2011) / Unha paixón acougada (A Quiet Passion, 2016)

 

José Manuel López  (Vigo, 1974)

Crítico, docente e programador cinematográfico, actualmente está a escribir a súa tese, titulada “Centauros de la ciudad. Vagabundeos terminales por la metrópolis y el cine contemporáneos” e é profesor de Guión na facultade de Comunicación de Pontevedra. Desde 2012 imparte cursos de cine no MARCO de Vigo, e mais no CGAC de Santiago. Impartiu, amais, conferencias en espazos coma o Máster LAV, a ESCAC, o CGAI, a Seminci, o Festival de Málaga ou o Centro de las Artes de Sevilla. Funda a revista de cine Tren de sombras (2004-2008) e, desde o ano 2007 ao 2017, forma parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine (antes Cahiers du Cinéma: España). En 2008 coordina o libro Naomi Kawase. El cine en el umbral para o Festival de Cine de Las Palmas. Participa en libros colectivos, como La risa oblicua. Tangentes, paralelismos e intersecciones entre documental y humor; Las edades de Apu. Estudios sobre la trilogía de Satyajit Ray ou Paul Schrader. El cineasta frente a los tiempos, entre outros. Colaborou, amais, en diferentes revistas cinematográficas e, como dialoguista, na serie da Televisión de Galicia Matalobos. En 2015 comisaria o ciclo de cine O centro non pode resistir. Descentramentos da figura na paisaxe urbana, para acompañar a exposición Valérie Jouve. Corps en résistance, na Fundación Luís Seoane da Coruña; en 2017 comisaria o programa de curtas Sonic Lux, para Curtocircuíto, e en 2018 comisariou New Spain, unha exposición de artistas e cineastas españois para Solar - Galeria de Arte Cinemática e Curtas - Festival de Vila do Conde (Portugal).

DIRECCIÓN: José Manuel López

COORDINACIÓN: Virginia Villar

DESTINATARIOS: Profesorado, estudantes e todas as persoas interesadas no cine.

PRAZAS: 150

INSCRICIÓN: O período de inscrición está aberto desde o 4 de setembro ata o 2 de outubro de 2018. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal. Cómprelles indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto. Logo de aceptada a solicitude, informaráselles ás persoas inscritas verbo do xeito para realizar o pagamento.

MATRÍCULA: 30 €

CERTIFICACIÓN: El CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.

Folleto de la actividad


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal