Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado 

Durante o nadal, o CGAC permanecerá pechado os seguintes días:
24 e 25 de decembro
1 e 6 de xaneiro






Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
CURSO DE CINEMA. OS AMORES DIFÍCILES. O MELODRAMA NO CINEMA

10 outubro - 19 decembro 2018

CURSO DE CINEMA. OS AMORES DIFÍCILES. O MELODRAMA NO CINEMA

Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h

Desde que o cinema comezou a contar historias, o centro de atracción de infinidade de películas, independentemente do xénero ao que pertenzan, ocupouno a inevitable historia de amor. O corpo e o rostro das stars convertéronse no centro de atracción da pantalla, en obxectos de admiración para cineastas e espectadores. Pero, coa chegada da modernidade, a parella de amantes que tantas películas protagonizara entrou en crise; e o seu conflito encarnou outro máis profundo: o das imaxes e sons do cinema cuxo venerable matrimonio estaba a ser cuestionado polos novos cinemas. Foi a fin do idilio. A fractura das grandes historias de amor e a posta en cuestión do seu necesario final feliz foron tamén os do cinema moderno respecto das estruturas clásicas.

Os amores difíciles deste curso serán tamén, xa que logo, os do cinema: o amor do cineasta polo seu oficio, polo corpo ou o rostro dun actor ou dunha actriz, ou o amor do espectador ante un primeiro plano da súa estrela favorita (o que  Serge  Daney chamaba o encantamento, o pracer e a fascinación da mirada).

Neste curso os corpos, a pel, o carnal e o pulsional ocuparán sempre o primeiro plano a través de sesións dedicadas xenericamente a cineastas, pero tamén a actrices e actores: Leo McCarey, Setsuko Hara e Yasujirô Ozu, Nicholas Ray, Max Ophüls, Marilyn Monroe, Elia Kazan e Barbara Loden, John Cassavetes e Gena Rowlands, Richard Linklater, Pedro Almodóvar e Terence Davies.

10 outubro.  Leo McCarey.  Aventura de amor (Love Affair, 1939) / Unha aventura memorable (An Affair to Remember, 1957)

17 outubroSetsuko Hara e Yasujirô Ozu. Primavera serodia (Banshun, 1949) / O tempo da colleita (Bakushû, 1951) / Outono serodio (Akibiyori, 1960)

24 outubro.  Nicholas Ray. Viven de noite (They Live by Night, 1948) / Nun lugar solitario (In a Lonely Place, 1950) / Johnny Guitar (Nicholas Ray, 1954)

31 outubro. Max Ophüls. A rolda (Max Ophüls, 1950) / O pracer (Max Ophüls, 1952) / Madame de… (Max Ophüls, 1953)

7 novembro. Marilyn Monroe. Niágara (Henry Hathaway, 1953) / Río sen retorno (Otto Preminger, River of No Return, 1954) / Os inadaptados (John Huston, The Misfits, 1961)

21 novembroElia Kazan e Barbara Loden. Río salvaxe (Elia Kazan, 1960) / Esplendor na herba (Elia Kazan, 1961) / Wanda (Barbara Loden, 1970)

28 novembro. John Cassavetes e Gena RowlandsFaces. (John Cassavetes, 1968) / Unha muller baixo a influencia (John Cassavetes, A Woman Under the Influence, 1974) / Noite de estrea (Opening Night, 1977) / Correntes de amor (John Cassavetes, Love Streams, 1984)

5 decembro. Richard Linklater. Antes do amencer (Before Sunrise, 1995) / Antes do solpor (Before Sunset, 2004) / Antes da media noite (Before Midnight, 2013)        

12 decembro. Pedro Almodóvar. Os abrazos rotos (Los abrazos rotos, 2009) / A pel que habito (La piel que habito, 2011) / Julieta (2016)

19 decembro. Terence Davies. The Deep Blue Sea (2011) / Unha paixón acougada (A Quiet Passion, 2016)       


José Manuel López  (Vigo, 1974)


Crítico, docente e programador cinematográfico, actualmente está a escribir a súa tese, titulada “Centauros de la ciudad. Vagabundeos terminales por la metrópolis y el cine contemporáneos” e é profesor de Guión na facultade de Comunicación de Pontevedra. Desde 2012 imparte cursos de cine no MARCO de Vigo, e mais no CGAC de Santiago. Impartiu, amais, conferencias en espazos coma o Máster LAV, a ESCAC, o CGAI, a Seminci, o Festival de Málaga ou o Centro de las Artes de Sevilla. Funda a revista de cine
Tren de sombras
(2004-2008) e, desde o ano 2007 ao 2017, forma parte do consello de redacción de
Caimán Cuadernos de Cine
(antes
Cahiers du Cinéma: España
). En 2008 coordina o libro
Naomi Kawase. El cine en el umbral
para o Festival de Cine de Las Palmas. Participa en libros colectivos, como
La risa oblicua. Tangentes, paralelismos e intersecciones entre documental y humor; Las edades de Apu. Estudios sobre la trilogía de Satyajit Ray
ou
Paul Schrader. El cineasta frente a los tiempos
, entre outros. Colaborou, amais, en diferentes revistas cinematográficas e, como dialoguista, na serie da Televisión de Galicia
Matalobos
. En 2015 comisaria o ciclo de cine
O centro non pode resistir. Descentramentos da figura na paisaxe urbana,
para acompañar a exposición
Valérie Jouve. Corps en résistance,
na Fundación Luís Seoane da Coruña; en 2017 comisaria o programa de curtas
Sonic Lux,
para
Curtocircuíto,
e en 2018 comisariou
New Spain
, unha exposición de artistas e cineastas españois para Solar - Galeria de Arte Cinemática e
Curtas - Festival de Vila do Conde
(Portugal).


DIRECCIÓN: José Manuel López

COORDINACIÓN: Virginia Villar

DESTINATARIOS: Profesorado, estudantes e todas as persoas interesadas no cine.

PRAZAS: 150

INSCRICIÓN: O período de inscrición está aberto desde o 4 de setembro ata o 9 de outubro de 2018. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal. Cómprelles indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto. Logo de aceptada a solicitude, informaráselles ás persoas inscritas verbo do xeito para realizar o pagamento.

MATRÍCULA: 30 €

CERTIFICACIÓN: El CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.

Folleto de la actividad


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal