VISITAS CON CITA PREVIA
CON CITA PREVIA
De setembro a xuño
O CGAC ofrece visitas guiadas gratuítas ás súas exposicións temporais de martes a venres de 11:00 a 13:00 horas. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.
No caso dos grupos escolares dos ciclos de educación infantil e de primaria, o persoal do Departamento de Actividades e Educación deseña, ademais, talleres didácticos específicos para complementar a visita ás mostras artísticas.
Duración aproximada das visitas:
Ciclo de educación infantil. Visita-taller: 60 minutosCiclo de educación primaria. Visita-taller: 90 minutos
Ciclo de educación secundaria, bacharelato e adultos: 50 minutos
Calquera colectivo que o desexe pode solicitar unha visita guiada escribindo unha mensaxe electrónica a cgac.pedagogia@xunta.gal . O correo deberá conter a seguinte información: o nome do centro ou a persoa que formula a solicitude, o número de persoas de que consta o grupo, a súa idade e nivel de formación, o día e a hora en que desexan realizar a visita, un número de teléfono e un enderezo de correo electrónico.