Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES ES +

27 outubro 2018 - 26 abril 2019

TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES ES +

O CGAC presenta a cuarta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. Este ano, ademais, pecharemos o programa cun taller dirixido ás familias.

Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.

O Sistema Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. A dinámica que se propón fomenta a reflexión e a creatividade individuais, así como o traballo en equipo a través do xogo e a construción a grande escala. A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se expón o pensamento e a obra de cada arquitecto ou arquitecta, e unha serie de retos construtivos.

Folleto da actividad 

TALLERES INFANTÍS

OUTUBRO

Louis Kahn. O espírito do ladrillo

Sábado, 27 de outubro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos 

Domingo, 28 de outubro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de outubro

NOVEMBRO

Charlotte Perriand. A beleza do útil

Sábado, 24 de novembro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos 

Domingo, 25 de noviembre. Para niños e nenas de 9 a 11 anos 

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 12 ao 23 de novembro

XANEIRO

Norman Foster. Anticipar o futuro

Sábado, 26 de xaneiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos 

Domingo, 27 de xaneiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos 

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de xaneiro

FEBREIRO

Toyo Ito. Aprendendo da natureza

Sábado, 23 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos

Domingo, 24 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 11 ao 22 de febrerio

MARZO

Konstantinovna Komarova. ¡Hacia o futuro, sin parar! Optimismo constructivista

Sábado, 30 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos

Domingo, 31 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos 

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 18 ao 29 de marzo

ABRIL

Félix Candela. Esqueletos eficientes

Sábado, 27 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos 

Domingo, 28 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos 

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de abril

TALLER PARA FAMILIAS

MAIO

Burle Marx y Lota de Macedo Soares. Sentir el paisaje 

Sábado, 25 de maio. Para familias con nenos e nenas de 6 a 8 anos 

Domingo, 26 de maio. Para familias con nenos e nenas de 9 a 11 anos 

Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 13 ao 24 de maio

INSCRICIÓN

Todos os talleres son de balde. As persoas interesadas poderán inscribirse, dentro dos prazos establecidos, a través do enderezo electrónico cgac.educacion@xunta.gal indicando os seguintes datos: nome completo e idade dos participantes, número de teléfono e enderezo de correo electrónico de contacto, e nome do taller ao que desexan asistir. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. As prazas cubriranse por orde de inscrición. As persoas solicitantes recibirán unha notificación por correo electrónico.

IMPARTEN: David Antuña e Víctor González, arquitectos. Santiago Chenlo e Natalia Santamaría, educadores.

DIRIXE: Fermín Blanco 

COORDINA: Virginia Villar

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal