27 outubro 2018 - 26 maio 2019
TALLERES EXPERIMENTAIS DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA. MIES É +
O CGAC presenta a cuarta edición deste ciclo de talleres dedicado á arquitectura contemporánea para o público infantil. Este ano, ademais, pecharemos o programa cun taller dirixido ás familias.
Os talleres, que teñen lugar a última fin de semana de cada mes, desenvólvense baixo a dirección do arquitecto Fermín Blanco co apoio do equipo didáctico do Sistema Lupo. O seu obxectivo é proporcionarlles aos nenos e nenas as ferramentas e as claves necesarias para interpretar a arquitectura do noso tempo a través das teorías, os proxectos e os traballos dos arquitectos e arquitectas máis importantes dos últimos tempos.
O Sistema Lupo está constituído por unha serie de pezas modulares que permiten múltiples posibilidades combinatorias, formas, proporcións, xogos de equilibrio e estratexias de acción. A dinámica que se propón fomenta a reflexión e a creatividade individuais, así como o traballo en equipo a través do xogo e a construción a grande escala. A metodoloxía inclúe unha parte teórica, onde se expón o pensamento e a obra de cada arquitecto ou arquitecta, e unha serie de retos construtivos.
OUTUBRO
Louis Kahn. O espírito do ladrillo
Sábado, 27 de outubro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 28 de outubro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de outubro
NOVEMBRO
Charlotte Perriand. A beleza do útil
Sábado, 24 de novembro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 25 de noviembre. Para niños e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 12 ao 23 de novembro
Sábado, 26 de xaneiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 27 de xaneiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de xaneiro
FEBREIRO
Toyo Ito. Aprendendo da natureza
Sábado, 23 de febreiro. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 24 de febreiro. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 11 ao 22 de febrerio
MARZO
Konstantinovna Komarova. ¡Hacia o futuro, sin parar!
Optimismo constructivista
Sábado, 30 de marzo. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 31 de marzo. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 18 ao 29 de marzo
ABRIL
Félix Candela. Esqueletos eficientes
Sábado, 27 de abril. Para nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 28 de abril. Para nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 15 ao 26 de abril
TALLER PARA FAMILIAS
MAIO
Burle Marx y Lota de Macedo Soares. Sentir el paisaje
Sábado, 25 de maio. Para familias con nenos e nenas de 6 a 8 anos
Domingo, 26 de maio. Para familias con nenos e nenas de 9 a 11 anos
Prazas: 12 / Prazo de inscrición: do 13 ao 24 de maio
INSCRICIÓN