14 - 15 decembro 2018
CURSO COS ARTISTAS BLEDA Y ROSA. XEOGRAFÍA DO TEMPO: ANÁLISE E MÉTODO
HORARIO
Venres, 14 de decembro, de 16:00 a 20:00 h
Sábado, 15 de decembro, de 10:30 a 14:30 h e de 16:00
a 20:00 h
A intención do curso que propoñemos é, en certa medida, replicar o taller do artista e, para iso, ao longo das sesións previstas iremos despregando, explorando e analizando de forma pormenorizada os diferentes proxectos que conforman Xeografía do tempo; afondando na análise das estratexias e metodoloxías de traballo desenvolvidas, apelando á experiencia e abrindo o debate, co obxectivo de compartir e comparar coñecemento.
BLEDA Y ROSA
María Bleda (Castelló, 1969) e José María Rosa (Albacete, 1970) son artistas e profesores convidados en varias universidades. Traballan conxuntamente desde hai máis de dúas décadas e o núcleo fundamental da súa obra é a representación do territorio, co que buscan resaltar o complexo cruzamento de culturas e tempos que o conforman.
Presentaron os seus proxectos en conferencias e exposicións
internacionais, entre as cales convén salientar as celebradas no
Kunsthalle zu Kiel (2003), no Centro Andaluz de Arte
Contemporáneo e na Universidade de Salamanca (2009) ou no
Real Jardín Botánico de Madrid (Ante el tiempo, PHotoEspaña,
2010). Tamén participaron en Rencontres d’Arles (Magasin des
Ateliers, Arles, 2005); Mediterranean: Between Reality and
Utopia (The Photographers’ Gallery, Londres, 2004), ou
Manifesta 4 (Frankfurt, 2002). En 2008, concedéronlles o Premio
Nacional de Fotografía.
Esta actividade está dirixida preferentemente a persoas interesadas na arte contemporánea e na fotografía como vehículos de expresión artística, así como a todas aquelas persoas abertas a pensar e a debater sobre a construción e a representación da paisaxe.
PRAZAS: 20
INSCRICIÓN:
As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.educacion@xunta.gal. As solicitudes deberán indicar o seu nome completo, número de DNI, enderezo de correo electrónico, teléfono de contacto e unha breve carta de motivación na que se explique a vinculación coa creación contemporánea.
MATRÍCULA: 20 €
DIRECCIÓN: Bleda y Rosa
COORDINACIÓN: Virginia Villar