Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
20 ANOS LOST IN SOUND

15 - 16 febreiro 2019

20 ANOS LOST IN SOUND

Compostela Conversa é un ciclo cultural que se inicia en 2017 na cidade de Santiago de Compostela, co obxectivo de dar voz ao novo talento musical galego ao tempo que o conecta con artistas de outras disciplinas e xeografías, fomentando a reflexión sobre a escena actual.

Nesta terceira edición, que se celebrará os día 15 e 16 de febreiro, o Concello de Compostela e o CGAC colaboran para reivindicar os 20 anos da celebración de Lost in Sound.

Un proxecto pioneiro, comisariado por Manuel Olveira, e que el mesmo define como "unha proposta de revisión da escena musical dos últimos vinte anos á vez que un exercicio de hermenéutica cultural evidenciando as implicacións formais, políticas, sexuais, culturais e sociais que subxacen e dotan de contido significativo 
algunhas das propostas musicais que identifican a e con quen se identifican extensos grupos de mozos no mundo occidental".

Lost in Sound introduxo tamén un novo concepto de museo, adaptando á institución a novos usos e funcións dentro da sociedade e a cultura do lecer.

Deste xeito, o espazo protagonista para a celebración de Compostela conversa: 20 años - Lost in Sound   non pode ser outro que o CGAC, o museo de arte contemporáneo de Galicia que logrou, ás portas do século XXI, abrir o museo á rúa e enchelo de novos públicos e artistas que se preguntaban, en común, unha serie de cuestións que convén volver a poñer sobre o taboleiro.

PROGRAMA

Venres, 15 de febreiro

[sala de exposicions - planta baixa CGAC]

19:00 h. Inauguración de 20 años - Lost in Sound e debate: ¿Veinte años no son nada? Con: Branca Novoneyra, Manuel Olveira e Víctor Flores.

Presentan: O director xeral de políticas culturais Anxo Lorenzo e o director do CGAC Santiago Olmo.

20:30-21:45 h.      Jus Kno’

22:15-24:00 h.     Víktor Flores


Sábado, 16 de febreiro

13:00 h.    El cuerpo del disco

[cafetería CGAC]

17:00 h. Charla: Aínda aquí. Polvareda ou poso cultural. Con: Montse Rego, Chiu Longina y Lola Dopico.

Modera: Manuel Olveira 

[sala exposicións - planta baixa CGAC]

18:00 h. Arriba e abaixo. O debate entre alta e baixa cultura e a electrónica na era dixital. Con: Virgen María, El Cuerpo del Disco, Jus Kno’.

Modera: Víktor Flores

[sala exposicións - planta baixa CGAC]

19:30-21:00 h       LOWLIGHT 

[sala de exposicións - planta baixa CGAC]

21:30-22:30 h     coucou chloe 

[sala de exposicións - planta baja CGAC]

22:45-00:45 h      Virgen María dj 

[sala de exposicións - planta baixa CGAC]

A entrada será libre e de balde até completar a capacidade da sala.

 






Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal