Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
ÓPERA. EUPHORIA

1 xuño 2019

ÓPERA. EUPHORIA

EUPHORIA

Sábado, 1 de xuño de 2019

Ás 20:00 horas

Salas da exposición  Vestiges d’un ici, vestixios de si, de Loreto Martínez Troncoso

Dentro da súa exposición Vestiges d’un ici, vestixios de si , a artista Loreto Martínez Troncoso convida o compositor Ramón Souto a concibir unha ópera a partir da palabra, da linguaxe verbal e non verbal, daquela materia informe que nun momento dado emerxe, xa sexa como un balbucido, un tremor, un xemido, un golpe, un berro, un latexo, un bulicio, un paso ou un suspiro.

— Que queda ou que subsiste despois ou antes das palabras?

FORZA PARA SOPORTAR

Como suxire a orixe etimolóxica da palabra, que en grego antigo significa “forza para soportar”, Euphoria é unha ópera site-specific que se desenvolve en 27 escenas que transcorren no tempo e nos diferentes espazos da exposición.

A partir de textos de Michaux, Starhawk, Rilke, Calvino, Bas Jan Ader etc.,Euphoria explora, ás apalpadelas, o uso da voz, a través do espazo e as súas resonancias por medio do xesto musical, a acción sonora, a linguaxe e os silencios. Unha experiencia sonora-musical chea de vibracións, presenzas, ausencias, ecos, respostas e/ou contra respostas a miúdo provenientes doutra parte.

Unha escritura de, e coa, arquitectura como espazo de resonancia; como espazo mental-emocional no que habitar e para ser habitado.

— Oio voces: entre os nosos xestos mudos, escóitanse ruídos.

— […]

CONCEPCIÓN: Loreto Martínez Troncoso, Ramón Souto

COMPOSICIÓN MUSICAL: Ramón Souto                         

COLABORACIÓN ESPECIAL: Ignacio Barcia

APOIO TÉCNICO E CONSTRUCIÓN: Severino García Seijo

ACCIONISTAS: Loreto Martínez Troncoso, Blanca Viñas, Alejandra Pombo

EXVOCO: Dora Garcidueñas soprano |Cecilia Fontaine mezzo-soprano | Enrique Martínez tenor | Matías Bocchio barítono | Pascal Zurek baixo

VERTIXE SONORA: David Garrido oboe | Felipe Agell clarinete | Pablo Coello saxofón | Carlos Cortés trompeta | Jorge Fuentes trompa | Iago Ríos trombón | Jesús Coello fagot | Elena Vázquez violín | María José Pámpano viola | Macarena Montesinos violonchelo | Saúl Puga, Carlos Méndez contrabaixo | Rubén Barros guitarra eléctrica | David Durán, Haruna Takebe teclados | Diego Ventoso percusión | Mateo Mena, Miguel Pipa dispositivos electrónicos | Mateo Barcia, Artur Pispalhas difusión sonora | Ramón Souto director

GRUPO DE EXPERIMENTACIÓN ELECTRÓNICA DO IGAS: Sara de Oliveira Pereira, Alba Estévez, Marta González, Río Marban Alonso, Lucía Martín, Aarón Mera, Salma Moukhlissi, Carla Pérez, Duna Piñeiro, Scarlet Gabriela Principal, María Encina Regueras, Alejandro Rodríguez, Sergio Romero, Tiffany Sío, Hugo Vila

ORQUESTRA FILHARMÓNICA INFANTIL CIDADE DE PONTEVEDRA (OFICIP) Alexandre Cruz, Ángela Rodríguez, Ania Castaño, Brais Fariña, Candela Santiago, Clara García, Gael Rodríguez, Jacobo Otero, Jimena Siaba, Lía Bascoy, Marcos Taboada, María Lorenzo, Mencía Guimarey, Noa Parra, Noa Viñas, Paula Diz, Sofia Matanzas, Xian Rial Figueira, violíns | Lía Iglesias viola Carolina Mera, Paula Gómez, Uxía Novegil, Lucía Domínguez violonchelos.

AGRADECEMENTOS: Fernando Portasany Fernández, Eduardo Calzado Díaz, Eduardo Outeiro Ferreño, Xohán Álvarez Castro, Centro Plurilingüe San José de la Guía, IES de Mos

Programa de man




Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal