Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2019

7 - 27 xuño 2019

XORNADAS DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA 2019

As Xornadas de Música Contemporánea están organizadas polo Concello de Santiago, a USC, o Consorcio de Santiago, a Deputación da Coruña e o CGAC  e contan coa colaboración da beca Fulbright, o New York Women Composers, a Universidade de Pennsylvania, o Conservatorio Teresa Berganza, a Escola de Altos Estudos Musicais, o Conservatorio Profesional de Música de Santiago e Womarts.

Nesta edición as xornadas celébranse baixo o subtítulo de Diáspora, xa que toda a programación xirará arredor de compositores e intérpretes que desenvolven a súa carreira fóra do seu lugar de nacemento. Chegarán as propostas máis vangardistas da música de culto de diferentes partes do mundo conformando un programa de dez concertos, conferencias, coloquios e clases maxistrais en diversos lugares da cidade.

PROGRAMA NO CGAC

CONCERTO DE FUKIO SAXOPHONQUARTETT

Martes 18 de xuño / Auditorio do CGAC / Horario: 20:30 h

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade das salas

Considerado un dos grupos con máis proxección en Europa, Fukio adícase á exploración da música de cámara para cuarteto de saxofóns. A formación interpretará no auditorio do CGAC cinco obras de diversos autores internacionais.

Músicos: Joaquín Sáez Belmonte, José Manuel Bañuls Marcos, Xabier Casal Ares e Xavier Larsson Paez

Obras: Saxophonquartett (2014), de Georg Friedrich Haas (Graz, Austria, 1953); (White) Planes in dissolution* (2014-2016) de Camilo Andrés Méndez San Juan (Bogotá, Colombia 1981); Diez Sinfonías** (2011), de Gordon Kampe (Herne, Alemaña, 1976); Madonna del Prato** (2012), de Lisa Streich (Norra Råda, Suecia, 1985) e So Be It** (2015), de Thierry Tidrow (Ottawa, Canadá, 1986).

*Estrea absoluta e **Estrea en España


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal