Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
WOS FESTIVAL 2019

11-15 setembro 2019

WOS FESTIVAL 2019

WOS Festival x SON Estrella Galicia celébrase desde fai seis anos cada mes de setembro nunha ducia de localizacións excepcionais da cidade de Santiago de Compostela, todas elas a pouca distancia da catedral, nun barrio histórico declarado Patrimonio da Humanidade. Os espazos inclúen dous museos, dous teatros, unha igrexa do século XVIII, edificios singulares como a Cidade da Cultura ou a Sede da Fundación SGAE, un mercado, dúas salas de concertos e unha sala de cinema independente entre outros lugares destinados a crear experiencias únicas para unha audiencia reducida. O evento supón unha auténtica ruta arquitectónica e turística pola cidade, enhebrada por un programa de propostas en torno ao risco, a exploración, a arte contemporánea e dixital, o contraste entre tradición e innovación, e o diálogo entre disciplinas. A programación consta de preto de medio centenar de actividades, repartidas ao longo de cinco días.

WOS foi seleccionado como o mellor festival Indoor europeo de 2018 nos European Festival Awards, galardoado co premio nacional á mellor Promoción Turística nos Iberian Festival Awards 2018, e destacado entre os dez mellores proxectos galegos de 2018 no informe Observatorio da Cultura de Fundación Contemporánea.

En pasadas edicións contou con artistas como Robert Henke, Silver Apples, Beak>, Michael Rother plays Neu!, Spectrum, The Soft Moon, Thee Oh Sees, Laurel Halo, Roly Porter & MFO, Raime, Vessel, Skee Mask, Group A, Paul Jebanasam & Tarik Barri, Demdike Stare, Gábor Lázár, Greg Fox, Ron Morelli, Samuel Kerridge, Abul Mogard, Suso Saiz, JASSS, Niño de Elche, Oddisee, KXP, Julia Kent, The KVB, Oren Ambarchi, Toulouse Low Trax, The Dwarfs of East Agouza, Tin Man, Martin Kohlstedt, Girl Band, Nite Jewel, Vladimir Ivkovic, Carla Dal Forno, Ron Morelli ou Christina Vantzou.

O festival é unha iniciativa da produtora compostelá WORK ON SUNDAY, en colaboración coa asociación de axentes culturais galegos WOS INC. Conta como patrocinador principal con SON Estrella Galicia, e co apoio do Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, AGADIC – Xunta de Galicia, Cidade da Cultura, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Fundación Eugenio Granell, Universidade de Santiago de Compostela e Mercado de Abastos entre outras entidades.

EVENTOS DO WOS NO CGAC

CGAC - Terraza | SÁBADO 14 | 16:00 h

ELEKTRÓGENA / Dj set

Desde os seus inicios como DJ no ano 2004 o electro escuro e industrial é a base das sesións que deseña e mestura a vinilo Elektrógena. Aderezado con ambient, dubstep, ou mesmo música clásica, Gema Albo busca sempre melodías complexas para comunicar a súa persoal visión. Ademáis de dj habitual nas festas organizadas polo colectivo 22áTICO, do que é cofundadora, ten compartido cabina con artistas como Umwelt, Boris Divider, Arcanoid, DJ Spy ou The Zenobit3 aka Sumerian Slave. Estará a abrir a terraza do CGAC o sábado cunha sesión especialmente preparada para WOS.

CGAC - Auditorio | SÁBADO 14 | 16:00 h

DIGGIN’ OUR OWN CRATE: APROPIACIONISMO CULTURAL, ÉTICA DO SAMPLING E COLECCIONISMO RESPONSABLE

O coleccionismo e o diggin’ transformouse nos últimos 10 anos coa entrada de factores dixitais que modernizaron a experiencia: o mercado de Discogs ou a venda online converteron o vinilo nun escenario conformado por pequenos nichos que se comunican entre si e comparten o fetichismo por encima da omnipresencia musical dos servizos de streaming. A cosificación do vinilo e das obras musicais creou unha burbulla e elite de selectores e tendas de discos que crece á marxe da realidade das bibliotecas de mp3 infinitas. Pero que regras éticas debemos escoitar á hora de tratar esta práctica? Temos dereito a comerciar con patrimonio cultural doutros continentes? Existe un diggin’ moralmente sustentable e coherente? Un encontro que tratará non só a teoría do coleccionismo senón tamén as boas e malas praxes xeradas co alzamento da experiencia dixital.

Modera:

Frankie Pizá é mallorquino e ademais do seu currículo profesional é digger e coleccionista desde hai máis de 15 anos. Fundador de Concepto Radio, portal dixital que se converteu en pouco tempo nunha alternativa independente ao xornalismo musical no noso país, continuou con ese mesmo espírito comuncativo en TIUmag, e na actualidade exerce a dirección creativa en Primavera Sound, Vampire Studio e Abaixadors10, continuando coa investigación constante na intersección que conecta arte, comunicación e música. Nos últimos anos o seu interese centrouse na explotación dos recursos que dispoñemos de forma xenérica tanto nos nosos smartphones como en redes sociais como Instagram, trasladando a súa actividade a esa contorna e dando por obsoleto o formato web.

Participan:

David G. Balasch conta cunha ampla traxectoria como DJ ás súas costas. Responsable dun dos blogues de referencia sobre música de baile, Tower Of Meaning, colaborou con Red Bull Music Academy e Primavera Sound e atesoura unha envexable colección de vinilos. Desde 2017 é unha das cabezas pensantes de Passat Continu, o selo irmán de Modern Obscure Music que se dedica ás reedicións e á recuperación de pezas de artistas que quedaron esquecidos polo paso do tempo.

Javi Bayo é coleccionista de discos desde hai máis de vinte anos. Comezou a picar música negra a principios dos noventa e desde entón compartiu cabina con artistas como Danny Krivit, DJ Spinna, Flying Lotus ou Mark Pritchard, demostrando a súa versatilidade nunha interminable listaxe de festivais e salas, tanto aquí como no estranxeiro. Recentemente contribuíu a reivindicar o legado da escena jazzística española dos 60 e 70 mediante a antoloxía ‘Fetén (Rare Jazz Recordings From Spain 1961-1974)’, as reedicións do saxofonista Pedro Iturralde e dirixindo a serie de singles ‘Tabú’, sempre ao amparo do selo Vampisoul.

Arnau Sabaté traballa como booking agent para Primavera Sound, e con menos frecuencia para Discogs, con quen organizou feiras como ‘Crate Diggers’ e outros asuntos. Anteriormente traballou en Jägermusic e como xornalista ocasional. Actualmente conduce un programa mensual en Dublab chamado Onda Clamato e o podcast Radio Flea xunto ao seu socio Flea Mark, onde pican exclusivamente discos que atopan en mercadiños de segunda man. Ocasionalmente é DJ e selector en solitario (Maquiniste!) ou en dúo xunto a Flea Mark como Fleajeys. A súa gran perdición son os discos, nos que gasta todo o seu soldo.

Noelia Rodríguez é unha das comisarias musicais máis relevantes do noso país. Desde a plataforma DelicaListen, da que ademais é directora, comisaria concertos e proxectos audiovisuais para eventos como o MUTEK ou L.E.V. Ademais tamén programou o ciclo DNIT no Caixa Fórum de Barcelona traendo artistas como Ben Frost, Tim Hecker ou Andy Stott. A todo isto hai que sumarlle o seu labor como coleccionista de vinilos, desde os 8 anos, e selectora, pasando con esta última faceta por, entre outros, o todopoderoso Burning Man en 2006.

PROGRAMA XERAL

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal