Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
WE REFUGEES. TALLER DE ARTISTA ELO VEGA E ROGELIO LÓPEZ CUENCA

30 setembro - 1- 2 outubro 2019

WE REFUGEES. TALLER DE ARTISTA ELO VEGA E ROGELIO LÓPEZ CUENCA

Horario: de 10:00 a 14:00 h

O taller de artista concibido por Elo Vega e Rogelio López Cuenca para o CGAC consiste nunha relectura crítica do xeito en que se pode construír a percepción do fenómeno migratorio a partir das prácticas artísticas contemporáneas.

A través dunha serie de casos concretos, os artistas propóñennos analizar diversas estratexias aplicadas en proxectos de intervención artística relacionados co tema da exposición We Refugees, que se pode ver no CGAC ata o 13 de outubro. Ademais, formularanse posibles proxectos prácticos tendo en conta o contexto específico en que nos atopamos.

Elo Vega (Huelva, 1967) e Rogelio López Cuenca (Nerja, 1959). Artistas visuais e investigadores, traballan conxuntamente desde 2005 en proxectos de investigación e creación, traballos artísticos que son, asemade, dispositivos de crítica da cultura como instrumento político.

Xuntos despregan a súa actividade mediante producións audiovisuais, exposicións,publicacións, intervencións en espazos públicos e traballos na Rede, realizados na súa maioría en colaboración con outros artistas ou con estudantes e investigadores de diversas disciplinas.

Os seus proxectos, definidos por un marcado carácter procesual, aspiran á súa posible disolución en procesos de máis longo percorrido e desbordan o campo das prácticas artísticas para expandirse noutras direccións, noutros territorios e con outros usos.

www.elovega.net

www.lopezcuenca.com

DESTINATARIOS

O taller está aberto a todas as persoas interesadas en desenvolver unha investigación sobre a relectura crítica da construción dos imaxinarios hexemónicos sobre os fenómenos migratorios a partir dos medios de comunicación de masas e en xerar un espazo pedagóxico colaborativo, crítico e creativo sobre o papel da imaxe na fabricación da opinión pública e as identidades colectivas.

INSCRICIÓN

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cgac.pedagogia@xunta.gal antes do día 25 de setembro. As solicitudes deberán ir acompañadas dun currículo actualizado e dun breve texto (máximo 300 palabras) explicando que interese move a persoa candidata a participar no taller e as súas consideracións sobre este.

Ademais, deberán incluír os seguintes datos: nome completo, enderezo de correo electrónico, teléfono de contacto e área de traballo ou interese.

Una vez que lles confirmemos a inscrición, enviarémoslles as indicacións precisas para facer efectiva a matrícula.

PRAZAS: 12

MATRÍCULA: 20 €

COORDINACIÓN: Gema Baños

Folleto da actividade


Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal