Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado




Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
TALLERES DE NADAL 2019

21 e 22 de decembro de 2019

TALLERES DE NADAL 2019

Son eu?

Sábado, 21 de decembro

De 11:00 a 13:00 h para nenos e nenas de 4 a 6 anos. Prazas: 15

De 17:00 a 19:00 h para nenos e nenas de 7 a 9 anos. Prazas: 20

As rúas e monumentos de Compostela falan da historia do Camiño deSantiago. Os peregrinos xa forman parte da paisaxe da nosa cidade.

Neste obradoiro visitaremos a exposición de Jesús Madriñán e analizaremosas múltiples identidades dos seus retratos. Imos observalos con curiosidadepara imaxinar quen son, de onde veñen, cales serían os seus motivos paraemprender a viaxe, que levan nas súas mochilas…

Iremos na procura de retratos roubados aproximándonos ao conceptourban sketchers, un fenómeno de ámbito mundial que propón falar dacidade debuxo a debuxo.

En contraposición ao selfie rápido, á instantánea, pararémonos paraautorretratarnos e preguntarnos como nos vemos, como nos ven, se haialgún obxecto que nos represente, que música fala de nós, cal é a parte donoso corpo coa que máis nos identificamos, cales son os nosos xestos máiscaracterísticos ou cales son os trazos do noso carácter.

Viaxe espacial

Domingo, 22 de decembro

De 11:00 a 13:00 h para nenos e nenas de 4 a 6 anos. Prazas: 15

De 17:00 a 19:00 h para nenos e nenas de 7 a 9 anos. Prazas: 20

A nosa misión como investigadores da arte será explorar a exposición dePedro Cabrita Reis na procura de cores e sensacións, materiais e formas,lembranzas e experiencias propias.

Pedro Cabrita Reis consegue crear novos espazos no museo con pezas site specific. Nesta exposición veremos proxectos como Favorite Places ouForesta que nos servirán para construír no espazo do taller mundosimaxinados, lugares ideais, bosques do futuro...

Crearemos obras con materiais de diversas texturas, pensadas para serpercibidas a través do tacto.

INSCRICIÓN

Os talleres son gratuítos. As solicitudes deinscrición poderán presentarse a partir do 5 de decembro de 2019 enviando unha mensaxe de correo electrónico a
cgac.educacion@xunta.gal. As persoas interesadas deberán indicar os seguintes datos: nome completo e idade dos nenos e nenas participantes, número de teléfono, enderezo de correo electrónico, nome e hora do taller no que desexan inscribirse. Poderase inscribir un máximo de dous participantes mediante cada solicitude. Cada unha das persoas solicitantes recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Recomendamos que os nenos e nenas traian roupa e calzado para a choiva e que se poida manchar.

Actividade en colaboración con Pasearte

REALIZACIÓN DO PROXECTO: Rebeca Mariño
DIRECCIÓN: Virginia Villar

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal