Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
FILOCAFÉ

ADIADOS ATÉ NOVO AVISO

FILOCAFÉ

FILOCAFÉ 2020

12 xaneiro a 10 maio 2020

Horario: 18.30–20.00 h

Entrada de balde

Comezamos o ano cunha nova edición do Filocafé na cafetería doCGAC.

O primeiro domingo de cada mes (excepto se cadra cunha ponte), desde xaneiro ata maio, o CGAC, en colaboración coaAsociación Galega da Crítica, ofrece novos encontros para filosofar e gozar dun café diante dunha obra de arte.

Os filocafés no CGAC son conversas públicas nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.

As sesións estarán dirixidas por profesionais de diversos ámbitos disciplinarios, como o dramaturgo Quico Cadaval, a antropóloga Beatriz Busto Miramontes, a filóloga Manuela Palacios González, o autor Antón Lopo e o divulgador de arte Miguel Ángel Cajigal Vera (coñecido en Twitter como El Barroquista).

Unha vez ao mes, retiramos unha obra de arte da ColecciónCGAC dos almacéns do museo para que nos acompañe e propicie un debate sobre ela. A peza elixida funciona como motor de arranque para unha conversa. Pero non imos falar de arte, ou non só de arte, senón de calquera cuestión que suxira a obra no ámbito temático, conceptual, formal ou anecdótico. Poderase falar de ciencia, gastronomía, política, música, filosofía, cine, estética, actualidade... de asuntos mundanos ou elevados, de xeito que todas as persoas que o desexen poidan opinar e achegar as súas reflexións sobre os temas que vaian xurdindo de xeito espontáneo.


PROGRAMA

12 DE XANEIRO. QUICO CADAVAL é dramaturgo, actor e monologuista. Naceu no ano 4 a. m. M. M. (antes da morte deMarilynMonroe) na ría de Arousa, onde Deus apoiou o dedo corazón no seu día de descanso, o sétimo. Criouse nunha taberna na que soubo da orixe da vida e da procedencia dos agasallos de Reis antes do prazo indicado polas pedagoxías. Frecuentou vellas quemexaban de pé e xuraban en calquera postura, e tamén a escola dun mestre de guedellas leoninas, entusiasta da literatura barroca e do castigo físico,que curtiu a súa personalidade artística. Prevaricou e procrastinou na súa época universitaria con períodos de consumo inmoderado de cánnabis e bebidas fermentadas, o que provocou o escándalo entreos seus influentes amigos junkies. Meteuno no lameiro do teatro un amigo que preferiu unha multinacional dos seguros.

Aquí debía comezar unha longa nómina de amigas e de amigos,que son o seu tesouro, mais o espazo limítanos. E o tempo. Acabou escribindo teatro e agora anda polo mundo a contar uns contos para os que lle fixo falta todo o anterior.

2 DE FEBREIRO. BEATRIZ BUSTO MIRAMONTES (Santiago deCompostela, 1979) é doutora en Antropoloxía Social e Cultural, mestra en Educación Musical pola Universidade de Vigo e licenciada en Historia e Ciencias da Música e Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid. Obtivo o título de doutora coa tese “La Galicia proyectadapor No-Do. La arquitectura del estereotipo musical a partir del uso del folclore musical 1943-1981”,pola que mereceu a máxima cualificación. O seu percorrido investigador céntrase na construción cultural de Galicia e da súa representación na imaxe cinematográfica de No-Do a partir do uso do folclore durante a ditadura franquista desde as perspectivas teóricas da etnomusicoloxía. Parte da súa investigación vai ser publicada en breve polo selo Através Editora.

1 DE MARZO. MANUELA PALACIOS GONZÁLEZ (A Coruña,1959) é profesora de Filoloxía Inglesa na Universidadede Santiago deCompostela. Dirixiu cinco proxectos de investigación sobre as escritoras galegas e irlandesas actuais e editou e coeditou varios libros sobre esta cuestión: Pluriversos (2003), Palabras extremas (2008),Writing Bonds (2009), Creation, Publishing and Criticism (2010), To the Winds Our Sails (2010) Forked Tongues (2012), Six Galician Poets (2016) Migrant Shores (2017) e Young Galician Poets (2019). Outras publicacións inclúen traducións de poesía e narrativa europea e árabe,monografías sobre as imaxes pictóricas na obra de Virginia Woolf, sobre Richard III de Shakespeare e artigos sobre ecocrítica.

5 DE ABRIL. ANTÓN LOPO (Monforte de Lemos, 1961) é un poeta e novelista recoñecido co Premio da Crítica Española, dramaturgo, performer de fisicidade radical (foi alumno de MarinaAbramovic) e periodista de longa traxectoria. É autor dunha serie de biografías que renovaron o xénero en Galicia e director do selo Chan da Pólvora Editora, da Biblioteca de Mesopotamia da RibeiraSacra e mais do festival de poesía compostelán Alguén que Respira.Entre os seus poemarios, figuran Pronomes (1998),Fálame (2004)ou Dentro (2005). O seu último libro de poemas, Corpo (2018),converteuse nun título de referencia. Como narrador, publicou obras de culto como Ganga (2000) ou Obediencia (2010). Extraordinario (2018), a máis recente, foi o fenómeno narrativo da temporada. Dos seus múltiples traballos performáticos sobresaen O outro estremo do paraíso (1998) e Lob*s (1999) xunto a Ana Romaní, Prestidixitador (2000), Acciónd (2004), Dentro (2005) ou Lampíricos (2013-2015).

10 DE MAIO. MIGUEL ÁNGEL CAJIGAL VERA, el barroquista en Twiter  (A Coruña, 1981) é docente, investigador e divulgador cultural. Licenciado en Historia da Arte e diploma de estudos avanzados na Historia da Arte e da Música pola Universidade deSantiago de Compostela. Forma parte do Servizo de Educación da Cidade da Cultura de Galicia. Dirixe o Máster de Educación en Museos e Espazos Culturais da Universidade Miguel de Cervantes (Valladolid). É membro do Consello Internacional de Museos (ICOM) e do Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS). Colaborou con institucións coma a Colgate University, o consorcioVassar College-Wesleyan University, o Consello da Cultura Galega, a Universidade de Málaga, o Comité Español de Historia da Arte ou oMuseo de Almería, entre outras.Como El Barroquista, mantén un activo perfil de divulgación artísticae cultural en Internet e nas redes sociais e colabora no programa Galicia por diante da Radio Galega.

COORDINACIÓN: Virginia Villar

Folleto da actividade

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac.xunta.gal