Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
KINO GALICIA 2020, II MARATÓN INTERNACIONAL DE CREACIÓN DE CURTAMETRAXES

10-18 febreiro 2020

KINO GALICIA 2020, II MARATÓN INTERNACIONAL DE CREACIÓN DE CURTAMETRAXES

Do 10 ao 18 de febreiro de 2020, o Centro Galego de Arte Contemporánea acollerá a segunda edición da Maratón Internacional de Creación de Curtometraxes, unha cita anual que forma parte dun movemento presente en máis de oitenta cidades dos cinco continentes.

O obxectivo da maratón é crear unha rede de contactos persoal e profesional de carácter internacional. A filosofía subxacente baséase na axuda mutua, xa que non hai premios nin competición; a recompensa é realizar unha curta coa mellor calidade posible, resultado do traballo realizado polo propio equipo, que poderán presentar e promover onde queran.

Kino Galicia benefíciase do programa O teu Xacobeo (Xunta de Galicia); e conta co apoio do CGAC, a Film Commission e Turismo de Santiago de Compostela, entre outros.

Máis información

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac.xunta.gal