Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 





Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
TALLER CON FRANCESC TORRES

ADIADO ATÉ NOVO AVISO

TALLER CON FRANCESC TORRES

Do 30 de marzo ao 3 de abril de 2020

Horario: de 16:00 a 20:00 h

Este taller non ten título. Será un taller baseado na experiencia do artista, que non falará de teoría senón das cousas que aprendeu no seu percorrido profesional.
Durante as sesións abordaranse temas como son as novas e vellas prácticas, as políticas institucionais, a función do museo, as estratexias de financiamento, a interacción da arte e o mercado e, en definitiva, a función da arte como método de coñecemento precientífico, como padrón de comportamento e como sistema de manipulación simbólica do que entendemos como realidade. Porase especial énfase na íntima relación que existiu entre a instalación multimedia e o museo como o seu contexto primordial. Todas as opinións serán imprescindibles, faranse preguntas e tentaranse obter respostas nun intento deliberado de aprender algunha cousa que non saibamos sobre esta ocupación tan estraña, sumamente arriscada, atávica e profundamente misteriosa que é a arte.

FRANCESC TORRES (Barcelona, 1948). E membro da primeira xeración de instaladores xurdida no contexto artístico norteamericano dos anos setenta. A súa experiencia vital e artística levouno a vivir entre Barcelona e Nova York, e no últimos vinte anos estableceu un forte vínculo con Galicia, onde pasou varias tempadas na Costa da Morte.

Na súa prolífica carreira, de máis de cinco décadas, traballou ademais como comisario exposicións, escritor e conferenciante en diversas universidades e presidiu durante un tempo a Associació d’Artistes Visuals de Catalunya.

Expuxo, entre outros, no Whitney Museum of American Art (Nova York), o Museum of Modern Art, MoMA (Nova York), o Carnegie Institute (Pittsburgh), The Museum of Contemporary Art, MOCA (Los Angeles), a Nationalgalerie (Berlín), o Stedelijk Museum (Ámsterdam), o Rudolfinum de Praga, o Museo Estatal Ruso (San Petersburgo), o Massachusetts Institute of Technology, MIT (Cambridge, Massachusetts), o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, MNCARS (Madrid), o Museo Guggenheim Bilbao, a Fundació Joan Miró (Barcelona), o Institut Valencià d’Art Modern, IVAM (Valencia), o Centre d’Art Santa Mònica (Barcelona), o International Center of Photography (Nova York), o Museu d’Art Contemporani de Barcelona, MACBA, etc. Os seus traballos forman parte de numerosas coleccións públicas e institucionais en todo o mundo.

PERSOAS DESTINATARIAS
O taller vai dirixido a calquera persoa xenuinamente interesada na arte, especialmente a estudantes ou doutorandos en Artes Visuais e Historia da Arte.

PRAZAS: 20 MATRÍCULA: 20 €

INSCRICIÓN
O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de febreiro até o 26 de marzo de 2020.
As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal na que deberán incluír os seguintes datos: apelidos, nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Cada solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación. Unha vez aceptada a solicitude, as persoas inscritas recibirán información sobre como realizar o pagamento.

CERTIFICACIÓN: O CGAC entregará un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.

COORDINACIÓN: Gema Baños


Folleto da actividade




Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal