Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 


Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
SEMANA DOS MUSEOS 2020. “MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

18 - 24 maio 2020

SEMANA DOS MUSEOS 2020. “MUSEOS POLA IGUALDADE: DIVERSIDADE E INCLUSIÓN

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos baixo o lema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”, proposto polo ICOM (Consello Internacional de Museos).

Apostando pola accesibilidade de todos os colectivos á arte e a cultura contemporáneas, o CGAC leva a cabo programas de educación artística que traballan coa interdisciplinariedade das artes como ferramenta de inclusión e  co museo como espazo de aprendizaxe aberto. Deste xeito contribuímos a crear espazos de aprendizaxe inclusiva nos que todo o mundo poida achegar os seus coñecementos, as súas e experiencias e as súas  perspectivas múltiples.

Dada a situación actual de pandemia, a celebración do DIM 2020 dixitalízase mediante a organización de actividades en liña. As actividades presenciais levaranse a cabo no mes de novembro coincidindo coa celebración da Noite dos Museos e co 74.º aniversario do ICOM.

PRESENTACIÓN DUNHA GUÍA BÁSICA DO CGAC CON PICTOGRAMAS

18 de maio

Presentación dun cartel e dunha guía básica sobre o CGAC con pictogramas que  servirá como ferramenta de acceso e inclusión dirixida ás persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista).

TALLER CORPO EXPRESIVO – CORPO ARTICULADO

20 de maio. Edición en línea. Prazas completas

Taller Corpo expresivo - Corpo articulado do programa Aula diversa, un proxecto dirixido por Adriana Pazos Ottón para acadar a integración de persoas con diversidade funcional.

Traballaremos coa linguaxe corporal e a xestualidade, e revisaremos expresións físicas que facemos inconscientemente a diario para coreografar a experiencia.

As claves desta proposta son o espertar corporal, a improvisación e a exploración das posibilidades expresivas do espazo que nos rodea e do medio audiovisual.

Achegarémonos á performance como arte viva e experimental. Crearemos sons a partir de materiais cotiáns e faremos uso da imaxe en movemento. Entenderemos o corpo articulado como materia expresiva e vehículo emocional. 

 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac.xunta.gal