Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado
Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube rss
TALLERES DE NADAL 2011-2012

27 decembro 2011 - 5 xaneiro 2012

TALLERES DE NADAL 2011-2012

Fuco Reyes dirixirá o primeiro deles, Descoberta fotográfica, do 27 e o 30 de decembro. Co traballo de Jeff Wall como telón de fondo, o obradoiro proporá experimentar co medio fotográfico, descubrir os seus segredos e potenciar a creatividade dos nenos e nenas de 10 e 12 anos.

A segunda das propostas, Primeira expedición fantástica á Cidade de Pedra, estará dirixida pola arquitecta Ruth Varela e terá por obxectivo facer unha aproximación sensorial ás arquitecturas e aos espazos urbanos históricos de Santiago de Compostela. Os nenos de entre 7 e 9 anos poderán viaxar polo tempo e vivir aventuras, ir de expedición pola cidade, polos seus edificios e lugares emblematicos. Ámbalas dúas propostas desenvolveranse en horarios de 11 a 13 horas.

O prazo de inscribión ábrese o martes, 20 de decembro nos teléfonos do servizo de actividades e proxectos educativos: 981 546 623 ou 981 546 631 (en horario de mañá de 10 a 14 horas).

 

PRAZAS ESGOTADAS

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
Fax: (+34) 981 546 625
cgac.xunta.gal