Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 





Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
PLATAFORMA. FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

10 - 18 setembro 2020

PLATAFORMA. FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS

Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. Dirixido por David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo, o Festival nace coa intención de traballar en rede e buscar a complicidade do meirande número de axentes, institucións e espazos posible nunha cidade referente cultural como Santiago de Compostela

Plataforma reúne performances, concertos, danza, poesía, deseño e arte contemporánea en exposicións, accións e conversas capaces de ligar a protagonistas galegos con valores recoñecidos internacionalmente como La Ribot, Premio Nacional de Danza e recentemente galardoada co León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia, que pechará o festival cunha conversa, unha performance e unha exposición no CGAC.

Dentro do programa destacan as catro exposicións que van ter lugar no marco do festival: a citada de La Ribot no CGAC; Christian García Bello na Fundación DIDAC; a de Manuel Eirís na Fundación Eugenio Granell; e, por último, Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea no Auditorio de Galicia.

Programa de actividades no CGAC

Programa

Entrada libre e capacidade limitada

Reserva

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal