Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 





Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
V EDICIÓN FESTIVAL HerDanza 2020

31 agosto - 5 setembro

V EDICIÓN FESTIVAL HerDanza 2020

Desde este festival buscamos a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espacios máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente da que todos os públicos poderán gozar.

O festival desenvolverase durante unha semana e ofrecerá diversas actividades arredor da danza contemporánea: talleres formativos, conversas con profesionais da danza, proxeccións e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas, claustros e espazos abertos de Santiago de Compostela.

O CGAC colabora co Festival  HerDanza na súa V edición cunha residencia de creación dirixida polo bailarín/intérprete Mikel Aristegui.

PROGRAMA DO FESTIVAL HERDANZA NO CGAC

Xoves, 3 de setembro ás 17:00 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Conversa A danza entre o tradicional e o contemporáneo, con Fran Sieira e Jaime Pablo Díaz

Venres, 4 de setembro ás 17:00 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Exhibición da peza Ouveo, concibida por Mikel Aristegui durante a súa residencia de creación

Sábado, 5 de setembro 

12:30 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Visionado da peza POLINA de Angelin Preljocaj y Valérie Müller ; en colaboración co Instituto Francés

17:00 h

Lugar: Auditorio do CGAC

Capacidade máxima permitida: 60 persoas

Presentación do libro O público está aquí, de Sabela Mendoza

www.herdanzafestival.org 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal