Galego | Castellano | English

CGAC
Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta

Luns pechado 





Síguenos en:
Facebook Twitter Youtube Instagram rss
SEN CITA PREVIA

SEN CITA PREVIA

SEN CITA PREVIA  (Pospostas até novo aviso)

Durante todo o ano

VISITAS GUIADAS FIN DE SEMANA

Visitas guiadas á arquitectura e á historia do CGAC

O primeiro sábado de cada mes organizamos unha visita arredor da arquitectura e a historia do CGAC.
Durante o transcurso destas visitas falarase do deseño de Álvaro Siza Vieira e da súa estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade que o acolle. Percorreremos desde o pórtico exterior ata a cuberta do edificio na que está instalada de xeito permanente a obra Triangular Pavilion do artista Dan Graham.
Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h e terán unha duración aproximada de 50 minutos. O grupo formarase por orde de chegada. Poden participar desde unha persoa até un máximo de 4 persoas.

Visitas guiadas ás exposicións

Todos os domingos (excepto os que, por requirimentos de montaxe, non haxa exposicións), o público poderá achegarse ao CGAC para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte. 
Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa. As visitas partirán da recepción do CGAC ás 12:00 h. Poden participar desde unha persoa ata un máximo de 4 personas. O grupo formarase por orde de chegada. As visitas terán unha duración aproximada de 50 minutos. 

Acceso á terraza 

Sábados e domingos ás 13:00 h
O público poderá solicitar na recepción do CGAC o acceso á terraza, onde está situada a instalación permanente do artista Dan Graham, Triangular Pavilion, 1997. O acceso ao espazo realizarase baixo a supervisión do persoal do centro. 

Todas as visitas son de balde

O número de prazas dispoñibles para participar nas actividades do CGAC poderá variar en función dos posibles cambios normativos relacionados coa COVID-19. 

Rúa Valle Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela
España
Tel.: (+34) 981 546 619
cgac@xunta.gal